NOTA DE PRENSA
O apagón analóxico de Cervo exclúe aos veciños de Figueirido
Moitos dos veciños de Figueirido, na parroquia de Sargadelos, aínda non reciben a sinal
Os veciños de Figueirido amosasen sorprendidos ao ver o anuncio do alcalde de Cervo aseverando que o “apagón” analóxico no concello é un feito para todos, cando na maioría das casas desta zoa, non só non reciben aínda a sinal dixital, senon que levan anos solicitando a mellora da sinal analóxica que nunca chega.
En numerosas ocasións, os veciños solicitaron ao Concello que tomara medidas para mellorar a sinal na zoa, e o ano pasado á vista de que as súas peticións non se tiñan en conta, presentaron un escrito formal ao alcalde.
Un ano despois, seguen a esperar. Os socialistas queremos facer público o noso malestar polos continuos incumprimentos do Concello de Cervo con estes veciños, que non entenden porqué o alcalde asevera con tanta lixeireza unha cousa que non é certa.
O alcalde non se entera
A pesar das queixas presentadas pola mala recepción da sinal analóxica, o alcalde non se deu por enterado e fixo oidos sordos as reclamacións veciñais. Por si fora pouco, este novo capítulo de exclusión en canto a recepción da TDT parécelles aos veciños unha burla e por iso decidiron comunicarnos as súas reclamacións para facelas públicas aos medios.
Solicitud de reemisor
Solicitamos de forma urxente que o Concello de cervo instale un reemisor á maior brevedade e que dunha vez por todas, en Figueirido, podan recibir a sinal de TDT coma no resto do Concello sen excepción.