Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo acolleu por primeira vez o Correlingua, en San Cibrao

SAN CIBARO .- Alumnos e alumnas de A Mariña participaron nas actividades do Correlingua 2009 que se desenvolveron en San Cibrao, no concello de Cervo. Os rapaces e rapazas uníronse á carreira pola lingua nun percorrido que os levou desde as antigas fábricas de salazón até á zona da Atalaia. Despois tiveron a oportunidade de presenciar a actuación do grupo de teatro Chévere.
Esta é a primeira vez que o Correlingua se celebra en Cervo, xa que é unha actividade que cada ano, con carácter rotatorio, vai itinerando polos diferentes concellos de A Mariña.
O responsábel da Área de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou no Correlingua 2009.

Nota de Prensa

ANTÓNIO VEIGA PARTICIPOU XUNTO AOS ALUMNOS E ALUMNAS DA MARIÑA DO CORRELINGUA 2009 EN SAN CIBRAO
Esta é a primeira vez desde que se celebra o Correlingua que as actividades desta carreira pola lingua se levan a cabo no Concello de Cervo

LUGO, 12 de maio de 2009. O responsábel da Área de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta mañá xunto aos alumnos e alumnas da mariña nas actividades do Correlingua 2009 que se desenvolveron en San Cibrao, no concello de Cervo. Os rapaces e rapazas da mariña uníronse á carreira pola lingua realizando un percorrido que os levou desde as antigas fábricas de salazón até á zona da Atalaia. Despois de realizar o percorrido, os e as escolares tiveron a oportunidade de presenciar a actuación do grupo de teatro Chévere, co seu espectáculo O galego contra-ataca, e do grupo musical vencedor do concurso Apologhit o ano pasado, Chámalle Xis. Esta é a primeira vez que o Correlingua se celebra en Cervo, xa que é unha actividade que cada ano, con carácter rotatorio, vai itinerando polos diferentes concellos da Mariña.

A denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, Correlingua, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego, e tamén, a exercer de maneira efectiva como galegas e galegos a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Federación de Ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino), A Mesa pola Normalización Lingüística, e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración dos Concellos da Coruña e Ourense e as deputacións da Coruña e Lugo; así como dos concellos onde se organiza a actividade. As entidades organizadoras consideran fundamental implicar a mocidade, un sector fundamental no proceso de normalización da lingua galega que debe ter un papel activo no mesmo.

Exit mobile version