O Concello de Ribadeo contrata con carácter temporal a outros cinco operarios para o servizo de Medio Ambiente, por 4 meses e a xornada completa. Haberá proba práctica sobre o contido do posto de traballo e valoraránse os servizos prestados en postos de contido análogo ou categoría semellante.
A documentación deberá pode presentarse ata as 14:00 horas do 7 de maio no Concello. As probas e selección serán o 12 de maio ás 18:00 horas na Casa do Concello.