Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo contrata un traballador social a tempo parcial

RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo contrata a un traballador social a tempo parcial. Será pola modalidade de obra ou servizo determinado por un período de 6 meses sen prexuízo das prórrogas que procedan e como máximo ata o 31 de decembro de 2009.

Entre os requisitos que se esixen está a diplomatura en Traballo Social. Valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo, noutras administracións públicas, en empresas privadas deste concello ou de fora do termo municipal en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao da praza a que se opta. Tamén se valorará o coñecemento do idioma galego e a antigüidade no paro.

A documentación deberá presentarse como máximo ata as 14 horas do 5 de xuño no rexistro xeral de entrada de documentos do Concello. E a proba de selección será o 8 de xuño ás 17 horas na Casa do Concello.

Exit mobile version