RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo contrata a un técnico para a oficina de información e asesoramento a inmigrantes. Será pola modalidade de obra ou servizo determinado por un prazo de 6 meses, sen prexuízo das prórrogas que poidan proceder como máximo ata o 31 de decembro de 2009.
Entre os requisitos que se esixen están ser diplomado/a en EXB, traballador social ou educador social. Valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo e noutras administracións públicas, en empresas privadas deste concello ou de fora do termo municipal en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao das prazas a que se opta; o coñecemento do idioma galego e a antigüidade no paro.
Os interesados poden presentar a documentación demandada ata as 14 horas do 22 de maio no rexistro xeral de entrada do Concello. A proba de selección será o 25 de maio ás 18 horas na Casa do Concello.