RIBADEO .- O concelleiro de Deportes, Vicente Castro, anunciou hai uns días que haberá importantes restriccións de tráfico a finais desta semana no transcurso da celebración da II Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo. Castro explicou que “haberá restriccións do tráfico nas rúas Avenida de Asturias, José Vicente Pérez Martínez, todo o entorno da praza de abastos incluido Doutor Moreda e tamén na Avenida de Galicia. As restriccións serán desde as 10 da mañá ata as 19 horas do venres 29 de maio e pode haber cortes totais de 10 da mañá a 13.30 horas e de 16 a 19 horas”.
Vicente Castro tamén concretou que “o aparcamento estará prohibido desde as 20 horas de hoxe xoves 28 de maio ata o mañá venres ás 19 horas nos seguintes tramos, en Avenida de Galicia dende o cruce da rúa Vilalba ata Ramón González; todo o entorno da praza de abastos incluindo Doutor Moreda e José Vicente Pérez Martínez e unha parte da Avenida de Asturias, entre a rúa Reinante e a rúa San Francisco”.
O edil nacionalista pediu “de novo a colaboración da cidadanía para que a proba se desenvolva sen problemas e sexa un éxito que redunde no beneficio de todo Ribadeo e pido disculpas polas molestias que se poidan ocasionar”.