Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata o sábado 23 o ciclo de Historia de Galicia organizado por Mariña Patrimonio

A MARIÑA .- O relatorio do historiador natural de o Valadour, Prudencio Viveiro Mogo, poñerá remata o sábado,día 23, ao cilclo de Historia de Galicia organizado pola asociación Mariña Partimonio. Prudencio Viveiro Mogo tratará dos cambios do século XIX na Mariña de Lugo.

Nota de Prensa

A Asociación Sociocultural Mariñapatrimonio remata o vindeiro sábado 23 de maio o ciclo de actividades arredor da Historia de Galiza.

O relatorio deste sábado estará a cargo do historiador Prudencio Viveiro Mogo é tratará dos cambios do século XIX na Mariña de Lugo.

Viveiro Mogo ( Valadouro, 1974) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa no Consello da Cultura Galega. Entre as súas principais publicacións podemos sinalar os libros:

*

Política, eleccións e fidalgos: o réxime do Estatuto Real na provincia de Lugo, 1834-1836, Sada: Ediciós do Castro, 2004.

-O Estatuto galego durante a II República, Sada: Ediciós do Castro, 2007.

Polo que toca á organización territorial do Estado liberal no século XIX, tema da conferencia, é autor dos seguintes artigos:

*

“A xénese da provincia de Lugo, 1812-1833: Estado liberal e división provincial”, publicado na revista Lucensia, n.º 23, 2001, p. 213-230.

-“A provincia de Lugo na alborada dunha nova época, 1833-1834”, publicado na revista Trienio. Ilustración y Liberalismo, n.º 39, 2002, p. 105-121.

-“A instalación dos partidos xudiciais na provincia de Lugo: estado liberal e administración de xustiza”, publicado na revista Estudios Mindonienses, n.º 22, 2006, p. 539-564.

Exit mobile version