Site icon Crónica3.com A Mariña

Raquel Arias tomou posesión como delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo

SANTIAGO .- A delega territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias Rodríguez, tomou posesión do seu cargo xunto cos outros catro delegados territoriais: Diego Calvo Pousa en A Coruña, Rogelio Martínez González en Ourense), José Manuel Cores Tourís en Pontevedra e Lucía Molares Pérez en Vigo.

Nota de Prensa

O xefe do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a toma de posesión da delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo: Raquel Arias Rodríguez.
As novas delegacións territoriais da Xunta perseguen un triple compromiso: coa coordinacion, co equilibrio territorial e coa austeridade dun Goberno.
A instauración das cinco delegacións territoriais que existirán en Galicia, implica a supresión 52 altos cargos na administración periférica da Xunta.
O Presidente Feijóo cumpre así o compromiso dun Goberno que quere saírlle máis barato aos cidadáns, que quere investir nos problemas dos cidadáns e menos nas estruturas administrativas.

O xefe do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a toma de posesión dos cinco delegados territoriais da Xunta de Galicia: Diego Calvo Pousa (A Coruña), Raquel Arias Rodríguez (Lugo), Rogelio Martínez González(Ourense), José Manuel Cores Tourís (Pontevedra) e Lucía Molares Pérez (Vigo)

Exit mobile version