Site icon Crónica3.com A Mariña

Quince restaurantes de Burela participan nas II Xornadas Gastronómicas da Pescada do pincho

BURELA (FNC) .- A concelleira de Mar, Remedios López, e o alcalde de Burela , Alfredo Llano, presentaron as segundas xornadas gastronómicas da merluza do pincho que se celebrarán dentro duns días en Burela. Dende a Concellaría de Mar “inténtase dar a coñecer todos os productos de gran calidade que se vendan no noso peirao. Nesta ocasión a protagonista é a princesa do mar, a merluza do pincho fresca de Burela como se promocionou no seu momento, e fixéronse etiquetaxes especiais para diferenciala nos mercados nacionais onde entra moito produto foráneo e de inferior calidade”, explica Remedios López Villar.

As xornadas gastronómicas da merluza do pincho de Burela realizaranse os días 22, 23 e 24 de Maio, coincidindo coa feira monográfica Expomar. O prezo da ración será de 6€ e colaborarán 15 hosteleiros de Burela: Mesón Botafumeiro, Parrillada de Jandro, Mesón Carlos, Casa Miranda, Mesón Don Jamón, Mesón Hamilton, restaurante Os Remos, restaurante Palacio de Cristal, Pizzería Puzzbur, restaurante Luzern, Bar Orxal, Cervecería Bodeguilla, Mesón do Poeta, Parrillada A Marquesa e restaurante O Sargo.

A edil socialista sinalou que “dende ABSA, ven moi positiva esta iniciativa de promocionar os seus produtos, e van agasallar cunha merluza do pincho a cada restaurante que participe nesta festa gastronómica”.

Exit mobile version