Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentar a feira na Deputación é a unica polemica sobre Expomar, asegura o PP de Burela

NOTA DE PRENSA

O portavoz do GMPP afirma que a única polémica sobre EXPOMAR é a actitude do alcalde.
González Barcia pídelle que non sexa cobarde e non se escude no comité da EXPOMAR.
Barcia pídelle ó alcalde que cuide as relacións institucionais.

O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe que non hai ningunha polémica sobre EXPOMAR; a única que existe é sobre a conducta do alcalde e a súa decisión de presentar a Feira na Deputación.
Barcia pediulle ó alcalde, e tamén presidente da Fundación, que non se escude no comité organizador da Feira. El, como presidente da Fundación, e a Sra. López, como presidenta do comité, son os que fan as propostas; polo tanto, que non lle carguen a culpa ó comité organizador, por certo, mencionado precisamente polo propio alcalde, nunha actitude de cobardía sen límites.
Segundo Barcia, o que tén que facer o alcalde é esmerar e cuidar as relacións institucionais, cousa que non fixo coa presentación da Feira na Deputación, que só aporta catro mil euros. Así, o único que fai o alcalde é pechar portas. Nunca, na historia de EXPOMAR, se tiña producido tal desaguisado, sempre, cos gobernos do color que fosen, se tentou buscar coordenación coa Xunta, que é a institución coa que hai que contar en primeiro lugar. Porque a afirmación do alcalde sobre a financiación en base ás empresas participantes, non deixa de ser unha verdade a medias; ou sexa, media mentira, porque de ser así, non farían falla nin as aportacións da Xunta nin calquera outra, como pretende trasladar o alcalde.
A este paso, e coas declaracións que fai o alcalde, vamos a unha confrontación entre institucións que non conduce a nada. E ainda así, a pesares da cerrazón do alcalde e do seu gusto por pechar poprtas, estamos seguros que a Xunta non deixará de apoiar á Feira e á propia Fundación.

Exit mobile version