Barreiros, 22 de maio de 2009. O grupo municipal do BNG presenta ao pleno que se celebrará a vindeira semana unha moción relativa aos accesos á autovía desde Estacaxugos. Os nacionalistas din que “é sabido que xa no mes de novembro o noso grupo propuxo a creación daquela comisión de seguimento das obras da autovía A-8. Tamén é sabido que esta comisión foi boicoteada polo PP, pero ainda así o BNG seguiu a reunirse cos veciños e atendendo as demandas que presentaban. Unha das máis importantes para nós naquel momento e ainda agora son os accesos desde a N-634 na zona de Estacaxugos ata autovía”.
O BNG de Barreiros explica que “ese tramo quedou sen vías de servizo e incluso quedou un camiño cortado, o chamado camiño real e os veciños demandaban, cremos que xustamente, a construcción dun paso elevado por enriba dese acceso para que as fincas dun lado e doutro non queden incomunicadas. Unha vez falado cos veciños estes tamén presentaron un escrito en Fomento facendo as mismas demandas que nos fixeran a nós e desde Fomento parece ser que xa houbo uns primeiros contactos con estes veciños afectados que se produciron á semana seguinte de presentaren dito escrito”.
Desde o grupo municipal nacionalista piden na moción presentada para o seu debate “o compromiso de todos os grupos, é obvio que os grupos da oposición están pola labor porque cando o BNG llelo plantexou xa estaban de acordo, e nós o que queremos ter é un acordo unánime do Concello para dirixirse ao Ministerio de Fomento solicitando esas vías de servizo e ese paso elevado nesa zona para que os veciños con fincas a un lado e outro do vial de acceso da autovía non se vexan perxudicados. É unha demanda dos veciños que ten que ser unánime e liderada polo Concello para dar cumprimento a esas xustas reivindicacións veciñais”.
Clubes deportivos
O BNG tamén presenta outra moción ao pleno da semana que ven sobre o retraso no pago das subvencións que anualmente se conceden aos clubes deportivos do concello. Os nacionalistas din que “esta é unha reclamación de varios anos atrás dos clubes do concello. O Concello de Barreiros nas súas subvencións nominativas anuais ten unhas cantidades fixas para cada clube deportiva. Unha cantidade fixa que nos parece lóxica e que estea disposta, pero o que hai que facer é pagala”. O grupo municipal do BNG considera que “o que non se pode é ter aos dos clubes de fútbol do concello de Barreiros tres anos esperando por esas subvencións, máxime cando se di que se trata de problemas burocráticos. O que queren os clubes é que se lles solventen ditos problemas e que se lles abonen as cantidades pendentes”.
Os nacionalistas din que “son 3.000 euros por clube, pero que si sumamos tres anos nos metemos en 9.000 euros a cada clube e cunha situación económica fastidiada e agora máis porque os sponsors son cada vez menos. O que pedimos nesta moción é o compromiso de todos os grupos para que a alcaldía axilice rápidamente estes pagos”.
Pide o BNG de Barreiros que o Concello lidere demandas de veciños que piden melloras na A-8
Pide o BNG de Barreiros que o Concello lidere demandas de veciños que piden melloras na A-8
Relacionado
-
A Deputación aproba unha Declaración Institucional con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller
-
O BNG defende a prórroga da moratoria do eucalipto e propón convertela en gran panca de cambio dunha nova política forestal
-
Villares destaca os 100 anos da Confraría de Pescadores de Celeiro en prol do patrimonio cultural pesqueiro