NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela afirma que o alcalde non é quen para pedir lealdade institucional.
González Barcia asegura que é o PSOE quen tén moito que rascar.
Os populares critican a ausencia dos concelleiros do BNG no acto de clausura da Feira.
O GMPP de Burela fixo onte, a través dunha nota de prensa do seu portavoz, José María González Barcia, tamén portavoz adxunto do Grupo Provincial na Deputación, unha valoración positiva da XIII edición de EXPOMAR, logo de ter falado con algúns expositores de presencia tradicional na feira, os que, a pesares da crise, consideraron que o volume de negocio foi razonable.
Os populares tamén fixeron unha valoración política da feira, e manifestaron que as críticas que Lara Méndez fai da ausencia da conselleira demostran hasta que punto a Deputación, e esta señorita como mandadiña, pretendeu monopolizar a feira, con consentemento do alcalde. Os populares afirman que a Xunta, ademais de contar con tres altos cargos na inauguración (o secretario xeral, un director xeral, e o presidente de Portos de Galicia), contou con dous directores xerais nas xornadas (xornadas que a Deputación tentou manipular coa presencia de Lara Méndez na inauguración das mesmas), e de novo cun director xeral na clausura.
Ademais, González Barcia afirma que é o PSOE o que tén moito que rascar e pídelle a Lara Méndez que non esqueza que quen incumple trámites protocolarios son os socialistas: Barcia lémbralle que recentemente o presidente da Deputación visitou os concellos de Palas e Bóveda, e os seus alcaldes non foron avisados, a pesares de que o de Bóveda tamén é deputado provincial.
González Barcia pídelle a Lara Méndez que desminta que a Deputación só aportou á feira catro mil euros, e que non puxo stand.
Tamén o GMPP se refireu ás críticas do alcalde sobre a conselleira do Mar. Os populares consideran que o alcalde, ademais de que lle bailou a auga antes e durante a Feira á Deputación, especialmente ó seu presidente, non pode falar de falla de respecto institucional, porque con motivo da presentación de EXPOMAR a Xunta non foi invitada á presentación, cando é quen mais cartos pón riba da mesa; nin tan siquera se avisou á delegada da Xunta en Lugo. Polo tanto, non é quen o alcalde para falar de falla de lealdade institucional. O que acontece é que o alcalde dase conta, ahora, de que meteu a pata hasta a cintura, e pretende lavarse á conta dos demais, práctica mui habitual nel, que nunca tén a culpa de nada.
Por último, os populares consideran unha falla total de respecto a Burela, a EXPOMAR e os expositores a ausencia no acto de clausura dos concelleiros do BNG de Burela, Nieves Cando e José González Legazpi, que teñen que darse conta de que agora asumen responsabilidades de goberno. Con esta forma de actuar, xá non é que queden mal eles e o BNG, quen queda mal tamén é o concello. Non se pode ser goberno pola mañán e oposición pola tarde, e por eso deben dar explicacións.