Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o goberno de Cervo o BNG comete unha “deshonra institucional” por criticar o Día do Xubilado

NOTA DE PRENSA:
Xoán Antón Estúa arremeteu dun xeito desproporcionado e fóra de lugar, contra o discurso da conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, e censurou a presenza do senador lucense José Manuel Barreiro, convidado ao acto ao igual que o seu homólogo socialista Luis Ángel Lago Lage

O GOBERNO MUNICIPAL ACUSA AO VOCEIRO DO BNG DE COMETER UNHA “DESONHORA INSTITUCIONAL” COAS SÚAS CRÍTICAS Á CELEBRACIÓN DO DÍA DO XUBILADO

* Os edís de Goberno local afirman que tanto eles como as veciñas e veciños do concello se senten honrados e moi satisfeitos por contar cunha membro do Executivo autonómico presidindo o xantar conmemorativo do Día do Xubilado.

* Desde o Concello de Cervo afirman que non entrarán no xogo dos nacionalistas que están obsesionados en crear falsas polémicas e enfrontamentos institucionais que non existen e non existirán no futuro.

Cervo, 05 de maio de 2009.- Na opinión do Goberno municipal as críticas efectuadas polo voceiro do BNG respecto da celebración do Día do Xubilado en Cervo son un claro exemplo de “deshonra institucional, están fora de lugar e son desproporcionadas”. Segundo os edís de Goberno a arremetida de Xoán Antón Estúa García, atacando as palabras da conselleira de Traballo e Benestar Social e censurando a presenza do senador lucense José Manuel Barreiro amosan que o voceiro nacionalista está obsesionado en crear falsas polémicas e enfrontamentos entre institucións que non existen e que non van a existir no futuro.

ORGULLOSOS DA VISITA DA CONSELLEIRA

Segundo os edís do Goberno municipal o conxunto dos veciños de Cervo e, de xeito especial, “para os noxos xubilados e xubiladas, foi unha auténtica honra” contar coa presenza da nova Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato nos actos organizados polo Concello. “É de agradecer, en definitiva, que un membro do novo Executivo galego presidira o xantar institucional do Día do Xubilado e apostara por unha actividade organizada polo Concello de Cervo para efectuar a súa primeira visita institucional á nosa comarca como conselleira. Sentímonos moi satisfeitos con que tivera esa deferenza co noso Concello e cos seus veciños.”

O QUE TOCABA, FALAR DE FUTURO

Os edís do Goberno explicaron tamén que Beatriz Mato, aproveitou a súa visita para adiantar as liñas estratéxicas que o departamento de Benestar social da Xunta ten previsto desenvolver nesta nova lexislatura. “Aquelo que o cualifica como un mitin non foi outra cousa que falar do que tocaba. Do que todos estábamos á espera de escoitar dunha conselleira que ten entre as súas funcións principais a de dirixir as políticas que melloren a calidade de vida dos novos maiores”

CONVIDADOS OS SENADORES LUCENSES

Desde o Concello de Cervo explicaron tamén que, unha vez confirmada a presenza da Conselleira Beatriz Mato cursamos invitacións aos senadores lucenses para que tamén participaran no convite. “Confirmou a súa presenza o Sr Barreiro, que acudiu na súa calidade da senador por Lugo. Desafortunadamente escusou a súa presenza o senador socialista Lago Lage, quen tamén foi convidado”. De feito, o Concello quixo respectar un escrupuloso decoro institucional con todas as administracións que traballan a prol dos nosos maiores: Xunta e Administración central. Quen, na súa opinión “non está a manter o tipo, e o BNG local que aproveita calquera acto para provocar conflitos e debates sen ningún fundamento”.

PALABRAS INADECUADAS

Os edís do Goberno municipal adiantan que “non estamos dispostos a participar desta estratexia de deslealdade e falta de honor. Pois as palabras do Sr Estua están fora de todo contexto, son inadecuadas e deben ser entendidas como unha deshonra que nada ten que ver coa satisfacción dos veciños de Cervo por contar coa presenza destes dirixentes”.

LEMBRANDO O COMPORTAMENTO PASADO

A maiores de todo isto, os edís do Goberno municipal lembran que no pasado, a única visita institucional do ex-lider dos nacionalistas a Cervo, o Sr Quintana, na súa calidade de Vicepresidente da Xunta, tivo lugar un sábado, sen practicamente aviso previo e porque aproveitou que tiña que facer esta viaxe para participar nun acto de partido, nun xantar en Burela. Dixo que se ían inverter cinco millóns de euros en Sargadelos e a súa palabra non se cumpriu, xa que non se inverteu nin un só euro.

LECCIÓNS DO BNG ÁS MÍNIMAS

Ademais, desde o Concello de Cervo non aceptan leccións do BNG pois son precisamente os nacionalistas, todos o recordamos aqueles que, na pasada campaña tiveron que responder á acusación de “secuestro” dun grupo de xubilados que cando ían de visita a Portugal foron desviados a un mitin de Anxo Quintana. En definitiva, reclaman “leccións ás mínimas e un pouco de maior altura institucional nos nacionalistas locais”

Exit mobile version