Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG asegura que o PP incumpriu unha resolución da Xunta electoral sobre propaganda electoral

NOTA DE PRENSA:

O PP INCUMPRIU UNHA RESOLUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL DE ZONA QUE LLE IMPIDE A COLOCACIÓN DE PANCARTAS, BANDEIROLAS E CARTEIS NA MARIÑA

A carteleira colocada polo BNG non incumpre a normativa electoral ao non pedir o voto

O coche oficial e o chofer fixéronlle perder reflexos ao coordinador de campaña e secretario provincial do PP José Manuel Balseiro

A Mariña, 23 de maio de 2009. O BNG non vai entrar nunha guerra de denuncias polo uso de espazos electorais no territorio que comprende a Xunta Electoral de Zona de Mondoñedo que o PP xa que isto non é o que interesa aos cidadáns, senón mais ben quen vai defender mellor os intereses de Galiza no Parlamento Europeo. Si queremos aclarar que a colocación de propaganda electoral antes do inicio oficial da campaña non o fai o BNG de forma unilateral senón que o fan tódolos partidos políticos e está permitido sempre que nesta non se pida o voto como é o caso. O PP si debera explicar aos cidadáns como é que incumpren unha resolución da Xunta Electoral que lles impide a colocación de propaganda na Mariña ao non ter presentado en prazo a solicitude para obter este dereito.

UNHA RESOLUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL IMPIDE AO PP COLOCAR PROPAGANDA ELECTORAL NA ZONA DE MONDOÑEDO.

A resolución dictada pola Xunta electoral de Mondoñedo o 13 de maio e comunicada a tódolos partidos políticos que concorren a estas eleccións, impide ao PP a colocación de carteis, bandeirolas e parcartas en todo o territorio desta xunta electoral ao non ter presentado dentro de prazo a solicitude para obter este dereito e por tanto nos concellos de Abadín, A Pastoriza, Riotorto, A Pontenova, Mondoñedo, Lourenzá, Ribadeo, Barreiros, O Valadouro, Alfoz, Foz, Cervo, Burela, Xove, Viveiro, Ourol e O Vicedo, non debería haber un só cartel deste partido de acordo con esta resolución que o PP incumpriu en todos estes concellos como si tivera “patente de corso”

AO COORDINADOR DE CAMPAÑA SENTOULLE MAL O COCHE OFICIAL E ESQUECEU PRESENTAR A SOLICITUDE A TEMPO

Ao secretario provincial do PP e coordinador da campaña deste partido, José Manuel Balseiro, debeulle sentar mal a subida ao coche oficial e non presentou a tempo a solicitude que deben facer tódolos partidos para ter dereito ao uso dos espazos electorais que os concellos poñen a disposición das formacións políticas que concorren a estas eleccións polo que mentres non corrixan este problema tódolos carteis de propaganda electoral do PP no territorio desta Xunta Electoral deberían ser retirados.

O PP OU NON SE ENTERA OU PRETENDE CREAR UNHA POLÉMICA QUE POUCO INTERESA AOS CIDADÁNS

O BNG, do mesmo xeito que fixeron outros partidos, ten colocado carteleira na que non se pide expresamente o voto dende fai moitos días polo quen non se incumpre en ningún caso a normativa electoral. Entendemos que aos cidadáns interésalles ben pouco estas polémicas e mais ben as propostas que as distintas formacións teñen para defender os dereitos de Galiza no parlamento europeo. Lonxe de caer en polémicas absurdas, o BNG vai seguir traballando para centrar o debate desta campaña electoral na defensa de sectores claves para o país como son as problemáticas existentes no sector lácteo, pesqueiro e na definición dun modelo de Europa que responda ás necesidades sociais e recoñeza a existencia do pobo galego como realidade diferenciada dentro do contexto europeo.

Exit mobile version