Site icon Crónica3.com A Mariña

Ourol esquecido da Deputación, segundo o PP

NOTA DE PRENSA
O GPPP LAMENTA A AUSENCIA DE COMPROMISO DA DEPUTACIÓN CO CONCELLO DE OUROL

* González Barcia asegura que Besteiro non dixo nada sobre o parque empresarial no pleno provincial de onte e adianta que o PP levarán o asunto ó consello de administración de SUPLUSA

Lugo, a 27 de maio de 2009.- O Grupo Provincial do Partido Popular “lamenta fondamente” a ausencia de compromiso da Deputación cos veciños e veciñas de Ourol, porque, segundo explicou o seu voceiro adxunto, José María González Barcia, o Presidente nada dixo ó respecto na súa resposta a unha pregunta formulada sobre as previsións de investimento de SUPLUSA no parque empresarial de Ourol, e a temporalización da súa execución.

Barcia manifestou que o único que dixo Besteiro é que ese era un asunto de SUPLUSA. Efectivamente, segundo Barcia, así é, pero se dá a circunstancia de que SUPLUSA está participada ó cento por cento pola Deputación e o presidente do Consello de Administración é o propio Besteiro, e por riba o Consello de Administración reúnese dúas ou tres veces ó ano.

“Tendo en conta que estamos a falar dun concello, o menos que podía facer o presidente é exercer o respecto institucional do que tanto presume (e, polo tanto, do que absolutamente carece), é decirlle algo ós vecinos de Ourol. E eso faino, ademais, co silencio dos deputados socialistas pola Mariña, Lara Méndez e Melchor Roel”, engadiu.

Visto que o Presidente “cala a boca”, o GPPP, segundo adiantou Barcia, tentará forzar a resposta presentado un escrito en SUPLUSA e solicitando información ó respecto.

Exit mobile version