Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Cuiña, en Cervo, acordan co alcalde non modificar a circulación e anchear as estradas

CERVO .-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo hoxe unha reunión con veciños de Cuíña, Madeiro e O Penido co fin de realizar un cambio de circulación nas estradas locais de Cuíña. O acordo que se adoptou en dita reunión, porque así o quixeron a maioría dos veciños, foi deixar as vías como están agora, é dicir, as dúas vías de dobre sentido de circulación.

En vez de realizar o cambio de circulación, de momento vaise estudar a posibilidade de ensanchar a estrada e mirar se hai disposición dos veciños para ceder os terreos para a realización de dito ensanche, e mentres, o concello decidiu colocar sinais de redución de velocidade que contribúan á mellora da seguridade viaria desa zona.

Exit mobile version