Site icon Crónica3.com A Mariña

O sector gandeiro non dará argumentos para suspender a recollida e reclama a intervención da Xunta

A MARIÑA .- Responsables do SLG indicaron en rolda de prensa que “o señor Lence non terá argumentos para suspender a recollida, pero o sector lácteo non vai ceder ás chantaxes”. Entenden os representantes dos produtores que “Jesús Lence xa entendeu a mensaxe que lle enviamos as gandeiras e gandeiros esta fin de semana: discutir o prezo do noso traballo non é un problema individual, senón colectivo”. Así mesmo, o SGL cualificou de “auténtica irresponsabilidade do novo goberno que estean agochados diante desta situación” e anunciaron que “vanse atopar coa voz do sector este próximo mércores 27, ás 12,00h, diante  da Consellaría do Medio Rural”

NOTAS DE PRENSA E COMUNICADOS do SLG e Leite Rio

Nota de Prensa SLG
——————————————————-

Mañá o señor Lence non terá argumentos para suspender a recollida, pero o sector lácteo non vai ceder ás chantaxes

Carme Freire Cruces -Secretaria Xeral do SLG-, Lupe Prado -gandeira e Responsábel do Sector Leiteiro no SLG-, e Adolfo Cabarcos -Responsábel de Sectores Gandeiros no SLG-, declararon en rolda de prensa na tarde de hoxe, ao respeito do comunicado emitido onte por Lácteos Lence no que ameaza con suspender recollidas a tódalas explotacións que lle subministran no País, que o Sindicato Labrego Galego considera que o empresario Jesús Lence xa entendeu a mensaxe que lle enviamos as gandeiras e gandeiros esta fin de semana: DISCUTIR  O PREZO DO NOSO TRABALLO NON É UN PROBLEMA INDIVIDUAL, SENÓN COLECTIVO.
O Sindicato Labrego Galego está disposto a negociar, coma  sempre, que se garanta a recollida de TODO  o leite, e que dita recollida se faga baixo un prezo que nos permita vivir. Por iso mañá suspenderemos provisionalmente as accións que nestes días viñamos apoiando.
Ao que non estamos dispostas nin dispostos é a ceder ás chantaxes de ningún empresario que prentenda facernos responsábeis da non recollida do leite, cando o que está a facer Jesús Lence é impoñer uns pretextos que abocan á ruina de todo o sector, non só de dúas explotacións.
Consideramos unha auténtica irresponsabilidade do novo Goberno que estean agochados diante desta situación, e que non dean resposta nin sinal diante das ameazas feitas públicas por Jesús Lence.
É por isto que vanse atopar coa voz do sector este próximo mércores 27, ás 12,00h, diante  da Consellaría do Medio Rural.
Dende o SLG queremos deixar ben claro que non se pode ameazar a unha parte importante de xente deste País que quere vivir do seu traballo, e que o goberno da Xunta de Galiza estea a eludir a problemática co argumento peregrino de que se trata dun problema individual de dúas explotacións.
Que o conselleiro asuma este tipo de chantaxes non vai “facilitar”, como o propio Samuel Juárez afirmou na reunión que a Consellaría levou a cabo coas organizacións agrarias, buscarlle solucións á grave crise que estamos padecendo.

Nota de Prensa Leite Rio
——————————————————-

LEITE RIO S.L
VEGA DE ANZUELOS – LÁNCARA
27367 – LUGO

Día   25   de   Mayo   2.009

Como   consecuencia   de  las  informaciones  vertidas  en  los  distintos   medios  de   comunicación  donde  acusan a la empresa  Leite Rio de no recoger la leche en dos explotaciones de  la  mariña  lucense  dicha  empresa  manifiesta  que   este   conflicto   fue  creado  por   los  propios   ganaderos,  cuando  un  inspector  de  la  empresa  en  un muestreo   rutinario el día  22 de Mayo de 2.009 en  las   explotaciones de  Ganadería Cid  y  Veigueiro  Soc. Coop. Galega  fue  insultado , agredido  y  amenazado   sin  mediar  palabra ,  le  manifestaron  que  no  querían  ver  a   nadie  de  la  empresa  Leite Rio en   sus  explotaciones. Por  lo  cual  Leite  Rio   les  comunicó  mediante  un  burofax  que  debido  a  los  incidentes  ocurridos  y  para que no se  repitieran  dichos  incidentes  y  aceptando  su  petición de no volver  a  sus  explotaciones no se les procedería  a  la  recogida  de  la  leche  en  dichas  explotaciones.

Por  otra   parte  la  empresa  Leite  Rio  pide  disculpas  a   los  ganaderos  que   se  vieron  afectados   por   los   retrasos  ocasionados  en  la  recogida   de  la  leche   debido  a   los  incidentes producidos en el día de ayer y que si continúan a lo largo del día de hoy ,promovidos   por   un  sindicato   minoritario SLG   ( Sindicato Labrego Galego  ) ,  nos  veremos  obligados  a  suspender  toda  la  recogida  de  la  leche hasta que  dicho  sindicato  nos  garantice  publicamente  la  recuperación de  la  normalidad  de  la  recogida  de  la  leche  y  su  transporte  a  la  empresa.

Exit mobile version