A MARIÑA .- A celebración durante a fin de sema da festa de O Santo, en Foz, da festa de A Marosa, en Burela e da XIII Feira Nacional de Gando Cabalar, en Lago, Xove, son aperitivo do comezo do maratón de celebracións varias e de festas continuas de verán. A próximas, si non se celebra algunha entre tanto, serán a fin de mes, en Burela, as patronais.
PROGRAMA FESTAS PATRONAIS BURELA 2009
XOVES 28 de Maio
20,30 h. Inauguración Exposición fotografías sobre a historia da S.D. Burela (Sala exposicións Casa da Cultura)
21,30 h. Concerto Coral Polifónica de Burela (Auditorio Casa da Cultura)
VENRES 29 de Maio
21 h. Misa en honra da Virxe do Carme e baixada da imaxe dende a Igrexa da Vila do Medio á Igrexa Parroquial acompañada pola Agrupación Ledicia de Burela
21,30 h. Deporte: velada de Kick-boxing (Pavillón Vista Alegre)
SÁBADO 30 de Maio
11 h. Pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Burela
12,30 h. Concerto Banda Municipal de Burela (Praza do Concello)
17-20 h. Pasarrúas a cargo da Banda de CCTT Santo Inocencio de Teixeira de Burela
21,30 h. Pregón a cargo de D. Javier Rivera. Actuación do grupo de música de Ledicia de Burela (Auditorio Casa da Cultura)
22 h. “MALVELA” en concerto (Auditorio Casa da Cultura)
23,30 h.: Verbena coa orquestra “Montes” (Praza da Mariña)
DOMINGO 31 de Maio
16,30-20 h. Festa Infantil (Praza do Concello)
XOVES 4 de Xuño
16-20 h. Deporte: fútbol sala (Pavillón Vista Alegre)
21 h. Karaoke (Auditorio Casa da Cultura)
VENRES 5 de Xuño
17-20 h. Deporte: baloncesto (Pavillón Vista Alegre)
19 h. Deporte: fútbol (Campo da Marosa)
23 h. Verbena coa orquestra “Ciclón” (Recinto das Festas)
24 h. “LA GUARDIA” en concerto (Recinto das Festas)
SÁBADO 6 de Xuño
A partir das 10 h. Confección da grande alfombra floral
11-21 h. Percorrido do tren festeiro polas rúas de Burela
13,30 h. Sesión Vermú coa orquestra “Fania Blanco Show” (Recinto das Festas)
17-20 h. Pasarrúas a cargo da Banda Naval de CCTT de Viveiro, da Banda Ferrol e da Banda de CCTT Santo Inocencio de Teixeira de Burela
20 h. Concerto das tres Bandas na Praza do Concello
21 h. Misa cantada pola Coral Polifónica de Burela na Igrexa Parroquial
21,30 h. Procesión de baixada da Imaxe ao Porto organizada pola SCR Ledicia e acompañada pola Banda Municipal de Música, a Coral Polifónica, o Grupo de baile e música de Ledicia e as Bandas de Viveiro-Ferrol-Burela
Fogos artificiais
23,30 h. Verbena coas orquestras “Fania Blanco Show” e “Orquestra TV” (Recinto das Festas)
DOMINGO 7 de xuño
11 h. Pasarrúas a cargo da Banda de CCTT Cristo del Amor de Ferrol
11-21h. Percorrido do tren festeiro polas rúas de Burela
12 h. Misa no Porto acompañada polo Coro Parroquial de Burela e procesión marítima acompañada pola Banda de CCTT Cristo del Amor de Ferrol
14 h. Sesión Vermú (Recinto das Festas)
17-20 h. Pasarrúas a cargo da Banda de CCTT Cristo del Amor de Ferrol
22,30 h. Verbena coas orquestras “Olympus” e “París de Noia” (Recinto das Festas)
LUNS 8 de xuño
11-21 h. Percorrido do tren festeiro polas rúas de Burela
12 h. Procesión de subida das Imaxes, acompañadas polo Grupo de baile e música de Ledicia e a Banda de CCTT Santo Inocencio de Teixeira de Burela. Misa na Igrexa Parroquial acompañada polo Coro Parroquial de Burela
14 h. Sesión Vermú (Recinto das Festas)
17-20 h. Xogos populares para @s máis pequen@s (Recinto das Festas)
17-20 h. Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Dambara de Burela
22,30 h. Verbena coas orquestras “Philadelphia” e “Panorama” (Recinto das Festas)
Fogos artificiais