Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo considera inexistente a xestión da alcaldía nos dous últimos anos

NOTA DE PRENSA
Inexistencia de xestión tras dos anos de goberno

Dende o Grupo Municipal Socialista de Cervo, queremos facer un balance dos dous anos de Goberno Municipal.

Economía e Facenda

Alfonso Villares leva ao fronte desta área dende fai 10 anos, os últimos dous coma alcalde e curiosamente dende que exerce como máximo responsable do Concello non se aprobaron os presupostos; esto implica que o Concello a penas ten marxe de manobra posto que se traballa cun orzamento prorrogado do 2007, mantendo na práctica unha paralización do Concello. Temémonos que unha das causas pode ser o medo de mostrar a liquidación do orzamento, pois sería demoledora, xa que o Concello prevía ingresar pola firma do Convenio dos constructores mais dun 1.300.000 €, o que desequilibraría totalmente o presuposto, pero evitar e pospoñer os problemas non é a solución.

PXOM

Este instrumento tan necesario para un crecemento e desenvolvemento ordenado, leva aparcado no caixón do esquecemento nos últimos anos, a pesares de haberse iniciado, de estar exposto ao público na súa fase inicial, de haber recibido unha subvención da Consellería de Política Territorial de 72.000 €, que por ser un concello de menos de 5000 €, o custo e nulo. Esta falla de ordenación non só ten nefastas consecuencias urbanísticas (palpables con darse un paseo polo núcleo urbano de San Ciprián) senón que tamén ten consecuencias negativas en canto a merma de poboación, debido á especulación que fixo que os nosos mozos e mozas adquiriran vivenda nos concellos veciños de Xove e Burela.

Obras

Lamentamos dende o Grupo Municipal, que nos dous anos de Goberno, non se anunciara unha soa obra xestionada por Alfonso Villares. As únicas obras que son visibles no Concello a día de hoxe, son as obras do “Plan Zapatero”.

Servizos Sociais

A carencia dunha política vinculada aos servicios sociais é notoria e palpable e así os veciños de Cervo comprobaron con asombro coma o Concello de Cervo, despois de subvencionar con mais de 36.000 € unha gardería privada para 4 nenos, impoñía unha taxa de 110 € aos usuarios do Punto de Atención Infantil, sen mellora das prestacións. Estas son as políticas que leva a cabo o PP de Cervo.

Falla de respecto

As boas formas non foron durante este tempo unha ferramenta de traballo para Alfonso Villares, cunha falla de respecto institucional de cara a outras administracións e aos veciños de Cervo ao incumprir por completo o seu programa electoral.

O Concello chegou incluso a utilizar a administración municipal coma sede do PP, utilizando persoas e medios con fines partidistas, o que foi denunciado no seu momento polo Grupo Municipal Socialista.

Obsérvase polo tanto, o que os Socialistas levamos denunciando durante este tempo, que en resumen e un deixamento de funcións por parte de Alfonso Villares e de todos e cada un dos Concelleiros do PP. Once concelleiros facendo oposición e ningún goberna.

Exit mobile version