Site icon Crónica3.com A Mariña

O voceiro adxunto do PP proponlle ao alcalde de Foz que lle esixa a Deputación a realización de obras

NOTA DE PRENSA:
BARCIA PÍDELLE A RIVERA QUE ESIXA Á DEPUTACIÓN A REALIZACIÓN DAS OBRAS PENDENTES

Lugo, a 20 de maio de 2009.- O voceiro adxunto do Grupo Provincial Popular, José María González Barcia, considera que as declaración do alcalde de Foz sobre o retraso das obras de Vilaxoane-Ver e Reiriz-Espiñeira non se axustan á realidade porque Rivera esquece que agora, na Deputación, como se ve por desgracia para os veciños desas parroquias, hai un bigoberno que “copreside o seu tan admirado Gómez Besteiro”. “E nestes momentos”, insiste González Barcia, “a responsabilidade de gobernar e de axilizar problemas é do bigoberno provincial”.

O voceiro adxunto do GPPP ve a Rivera “algo ridículo por chufón e adulón; como se quixera convertirse en asesor de Besteiro ou algo así”. As obras, salientou, datan do ano 2007 e levan dous anos paradas. “Esa é a situación e é tamén é certo que en dous anos non foron capaces de solucionar os pretendidos problemas ós que alude Rivera. Se en dous anos non se deron conta dos problemas, hai que concluir que tanto o alcalde de Foz coma os responsables políticos da Deputación son uns incompetentes”, explicou.

Barcia lembra que o conxunto das obras, cáseque tres kilómetros na estrada Vilaxoane-Ver, e medio kilómetro na estrada Reiriz-Espiñeira, supón un investimento de 700.000 euros, programado na etapa de goberno popular na Deputación. “Os veciños destas parroquias non lle deben nada, neste caso, nin a Rivera nin á Deptuación. E o certo é que os vecinos están enfadados, porque comenzar obras antes das eleccións autonómicas e paralizalas despois non deixa de ser unha bulra e un acto claramente electoralista”, indicou.

González Barcia considera que García Rivera tén que poñerse a defender os intereses dos veciños e esixirlle á Deputación, como fixo outras veces, que se cumpla con Foz, e deixarse de tanto adular.

Exit mobile version