NOTA DE PRENSA
BARREIRO: “DOBRE VÍA, SI: PERO DOBRE RETRASO, NON”
* O Presidente dos populares lucenses indicou que a ex ministra de Fomento Magdalena Alvarez e o PSOE de Lugo mentiron reiteradamente sobre a chegada do AVE a Lugo, burlándose de xeito descarado de todos os lucenses
Lugo, a 27 de maio de 2009.- “Dobre vía, sí; pero dobre retraso, non”. Así de contundente valorou o presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, o anuncio realizado onte polo ministro de Fomento José Blanco durante a súa comparecencia no Congreso de que Lugo contará con doble vía electrificada na súa conexión con Ourense do tren de alta velocidad.
Segundo salientou Barreiro, o que se desprende das declaracións feitas por José Blanco é que o Partido Popular tiña razón cando denunciaba que Lugo sería a única provincia española que quedaría fóra da Alta Velocidade. “Blanco ratificou que a súa antecesora no ministerio, Magdalena Álvarez, mentiu reiteradamente sobre as características do AVE a Lugo e que o Partido Socialista, sobre todo os seus representantes na nosa provincia como o Sr. Orozco, o Sr. Besteiro e o propio Sr. Blanco, acompañárona e respaldárona na súa gran mentira”, explicou.
Para o Presidente dos populares lucenses ó recoñecemento por parte do Goberno central, por medio do seu ministro de Fomento, de que os plazos para a chegada do AVE a Galicia, e en particular a Lugo, eran irrealizables é unha “burla descarada” a todos os galegos e ós lucenses de xeito particular.
“Paréceme un exercicio de cinismo que veña agora dicindo que todo o mundo sabía que os plazos anunciados eran imposibles de cumprir cando en Lugo e en Madrid os socialistas e el mesmo cansáronse de dicir que cumplirían as previsións e mofábanse do Partido Popular cando reiteradamente lle replicábamos que co investimento previsto e co ritmo que levaba o proxecto eso era inviable”, engadiu.
Para José Manuel Barreiro “o PSOE, unha vez máis, deixa claro coa súa actuación que non é de fiar” e, segundo engadiu, “se agardan que con esa redifinición da que falan agora imos quedarnos contentos e calados, están moi equivocados”.