Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide á Deputación “menos fotos e máis traballar a favor do mar”

NOTA DE PRENSA
O deputado popular afirma que nunca antes tantos altos cargos da Conselleria do Mar apoiaron á feira náutico pesqueira celebrada a pasada fin de semana en Burela: Asistiu o seu secretario xeral, o director xeral de Recursos, o director xeral de infraestruturas e o Presidente de Portos de Galicia, acompañados todos eles polo propio Balseiro, na súa calidade de voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular.
BALSEIRO DEMANDA Á VICEPRESIDENTA DA DEPUTACIÓN “MENOS FOTOS E MÁIS TRABALLAR A FAVOR DO SECTOR PESQUEIRO LUCENSE”

* Balseiro acusa aos deputados do Executivo provincial de desatender o seu traballo, e ausentarse de múltiples Comisións de Goberno da Deputación Provincial para non perderse a oportunidade de saír nas fotos.

* Os socialistas xunto cos nacionalistas na Deputación votaron sempre en contra de todas as iniciativas promovidas en apoio do sector pesqueiro galego, despois de que os catro anos de xestión da Xunta bipartita deixara a un sector estratéxico na nosa economía á beira da ruína.

* A Consellería do Mar amosa o apoio a EXPOMAR con feitos, achegando un importante investimento para facer fronte ao seu custe, a diferenza da Deputación que pretende facelo con fotos e propaganda, pero sen desenvolver un maior esforzo para achegar máis financiamento.

A Mariña, 26 de maio de 2009.- O voceiro do Mar do Partido Popular vén de saír ao paso das declaracións efectuadas pola vicepresidenta segunda da Deputación provincial Lara Méndez, que criticou a ausencia da conselleira Rosa Quintana no acto de inauguración da feira náutico pesqueira EXPOMAR. Balseiro subliñou que a Consellería do Mar non puido acudir a esta cita porque ese mesmo día se celebrou o Consello da Xunta na cidade de Pontevedra, e polo tanto, Rosa Quintana estivo presente no máximo órgano de decisión da Xunta de Galicia como era o seu principal deber. “Traballando e tomando decisións, xunto co Presidente da Xunta de Galicia a favor do noso mar”.

AMPLO RESPALDO A EXPOMAR

En todo caso, o parlamentario popular explicou que nunca antes a feira náutico pesqueira de Burela tivo tanto respaldo por parte dos altos cargos do Executivo autonómico. “Ademais dunha importante inxección de cartos para colaborar nos gastos da feira, estiveron presentes o secretario xeral da Conselleria do Mar, o director xeral de Recursos o director xeral de Infraestruturas e o Presidente de Portos de Galicia”

MENOS FOTOS, MÁIS TRABALLO

Balseiro empraza a Lara Méndez e ao resto dos xestores da Deputación provincial a “deixarse de fotos, e poñerse a traballar a prol dos intereses do sector pesqueiro lucense”. Deste xeito censura o afán pola propaganda dos dirixentes da Deputación que incluso antepoñen o feito de facerse unha foto para a prensa por enriba do seu traballo. “A propia Lara Méndez por saír nunha foto, estivo ausente en varias das Comisións de Goberno do organismo provincial. Isto é priorizan a propaganda por enriba do traballo, algo que non deberan de facer, sobre todo, nos tempos de crise que estamos a sufrir, que esixen das administracións dedicación plena e grandes esforzos”

INICIATIVAS A FAVOR DA PESCA

O voceiro do Mar do PPdeG tamén censura que tanto o PSOE como o BNG nas súas responsabilidades na Deputación, voten en contra “unha e outra vez de todas as iniciativas destinadas a favorecer ao sector pesqueiro galego que se lles propoñen”. De feito a entente do bipartito impediu que prosperaran as peticións que o PP fai para que a Deputación se comprometa a traballar a favor dun sector, o da pesca en Lugo, que pasou de ser en 2005 unha área estratéxica na economía galega a, catro anos despois, e como consecuencia da mala xestión bipartita, un sector á beira da ruína.

FEITOS NON FOTOS

Segundo o PPdeG a Consellería do Mar amosa o apoio a EXPOMAR con feitos, achegando un importante investimento para facer fronte ao seu custe, a diferenza da Deputación que pretende facelo con fotos e propaganda, pero sen desenvolver un maior esforzo para achegar máis financiamento.

En todo caso, atribúen as críticas que a deputada provincial dirixe á Xunta ao crecente nerviosismo que está a caracterizar ao Executivo de López Besteiro . “Son conscientes de que, como o Goberno de Touriño e de Quintana, están a vivir os seus últimos tempos… pois os veciños e veciñas de Lugo, tal e como fixeron na Xunta, apostarán polo traballo, polo cambio, apostarán polo Partido Popular”.

Exit mobile version