Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela felicita o Fútbol Sala Feminino

NOTA DE PRENSA
Sr. Presidente do Burela F. S.:

Por medio da presente, e no nome de toda a familia do Partido Popular de Burela, desexo transmitirle a máis cordial e sincera felicitación polo ascenso de categoría logrado polo equipo feminino do Burela F. S..

Pídolle que transmita esta felicitación especialmente ás propias xogadoras e corpo técnico, que teñen rematado como realmente se merecen unha temporada espectacular en base ó traballo e esforzó desenvolto ó longo da mesma.

Igualmente, solicítolle traslade esta felicitación ós membros da Xunta Directiva que vostede preside, na confianza de que os éxitos acompaañen a vindeira temporada.

Poñéndome á súa disposición, reciba un cordial saúdo.

En Burela, a dezanove de Maio de dous mil nove.

Exit mobile version