Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que o alcalde enganou os propietarios do Pedouro

NOTA DE PRENSA
OGMPP asegura que o alcalde non é de fiar.

José María González Barcia considera que o alcalde enganou ós propietarios do Perdouro.

Barcia afirma que o alcalde ocultoulles que xa enviara documentación a Santiago.

O GMPP de Burela manifestou hoxe mediante unha nota de prensa do seu portavoz, José María González Barcia, que o alcalde de Burela ocultoulles ós propietarios e afectados do Perdouro asistentes á reunión do dia dous de Abril pasado que xa enviara a Santiago a documentación que estaba presentando.

Esto é o que se desprende dun escrito que remiteu a Consellería de Medio Ambiente. O escrito, referido á modificación puntual das normas subsidiarias de Burela, entrou no concello o día catorce de Abril, e está encabezado polo seguinte texto: “Con data 23 de Marzo de 2009 e rexistro de entrada 5862, recíbese nesta consellería información por parte do Concello de Burela sobre o inicio da tramatación da Modificación Puntual das Normas Subsidiarias…de Burela”. De esto despréndese que o concello remitiu a principios de Marzo a documentación da modificación puntual.

Barcia lembra que o alcalde saleu nos médios informativos decindo que na reunión do dia dous de Abril “…estaremos dispostos a escoitar todo o que nos queiran contar, chegar a acordos…”. Barcia considera que o alcalde, si convoca a reunión, tiña a obriga de decir a verdade. Porque logo de enviada a modificación puntual das normas subsidiarias, só habería posibilidade de cambios a través da exposición pública.

Para González Barcia, este é un engano mais do alcalde: enganou ós veciños de Foxo ocultándolles información; minteu decindo que estaba arreglando a obra da Casilla á Marosa e perdéronse cen mil euros; e agora, cobardemente, ocúltalle ós propietarios a verdade, que xa enviara todo para Santiago.

Barcia considera que este home non é de fiar: xa son moitas as veces nas que se caza ó alcalde nun renuncio e así non se pode gobernar con seriedade un concello coma Burela. Moitos cidadáns xá o teñen totalmente catado: tanto decir que si e non facer nada, tanta palmadiña no hombreiro e non facer nada, xa tén a moita xente cansada.

Exit mobile version