Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP convida ao PSOE a facer máis dilixente a Deputación

NOTA DE PRENSA
BARCIA CONVIDOU A GATO A CONCENTRARSE EN FACER QUE A DEPUTACIÓN SEXA MÁIS DILIXENTE E EFICAZ

* O voceiro adxunto dos populares no pazo provincial cree que o deputado socialista tenta disimular “con calquer excusa a falla de actividade do Goberno provincial”

Lugo, a 5 de maio de 2009.- O voceiro adxunto do Grupo provincial do Partido Popular, José María González Barcia, convidou hoxe ó voceiro do grupo socialista na Deputación, Antonio Gato, “a traballar máis e a deixar de preocuparse e opinar sobre cuestións que non lle competen”.

O deputado popular quixo, “refrescarlle a memoria” ó Sr. Gato sobre os últimos resultados electorais: “O Partido Popular foi a forza máis votada na provincia de Lugo e foi o mellor resultado de Galicia nas últimas eleccións autonómicas e o Partido Socialista perdeu as eleccións, e tamén as perdeu en Monterroso, onde o Sr. Gato é alcalde. Polo tanto, o Sr. Gato non ten credibilidade nin autoridade moral para falar de certas cousas”.

“Ademáis, os socialistas non son os máis indicados para falar de outros partidos políticos, logo de ver cómo se despacharon a Touriño e cómo o sustituiron”, engadiu Barcia.

Para o voceiro adxunto dos populares, Gato debería concentrar os seus esforzos en facer “máis dilixente e eficaz” ó organismo provincial e contribuir “decididamente, xa que parece ter moito tempo libre para adicarse a outras labouras”, a que os plenos e as propias xuntas de goberno “teñan algo de contido” e, sobre todo, “adopten decisións que aporten algún beneficio ó conxunto dos cidadáns desta provincia”.

Barcia achaca as manifestacións realizadas onte por Gato Soengas a que “tiña que darlle algo de enxundia a unha xunta de goberno que, como xa é habitual, non aporta nada novo nin inclúe ningún asunto que valia a pena salientar e dar a coñecer á opinión pública”. “Son tan vagos”, indicou, “que aínda teñen por resolver expedientes de expropiación de obras correspondentes ó POS do ano 2005”.

“Deste tipo de cuestións é no que tiña que concentrarse o Sr. Gato”, engadiu González Barcia, porque “tentar solapar a falla de actividade existente na Deputación e que xa resulta pública e notoria, e incluso está a provocar certo malestar entre representantes da súa mesma cor política, con cuestións totalmente alleas ó Goberno provincial, non lle vai dar resultado”. “Gato perdeu unha boa ocasión para estar calado”, apuntillou.

Exit mobile version