Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP congratúlase de que a deputada do PSOE Concepción Burgo “recuperase a voz”

NATA DE PRENSA
BALSEIRO: “CONGRATÚLAME COMPROBAR QUE, GRACIAS A QUE O PSOE ESTÁ NA OPOSICIÓN, CONCEPCIÓN BURGO RECUPEROU A VOZ”

Lugo, a 6 de maio de 2009.- O Partido Popular de Lugo congratúlase de que o pase á oposición do Partido Socialista lle sentase tan ben á deputada socialista Concepción Burgo, quen, tras pasar a pasada lexislatura completamente muda, onte, milagrosamente, recuperou a voz.

O Secretario xeral do Partido Popular lucense, José Manuel Balseiro, lamentou, sin embargo, que nesta primeira intervención, perdera a oportunidade de dicir algo con sentido e fundamento. “Resulta chamativo”, explicou, “que a deputada lucense se estrene nestas tarefas de oposición facendo precisamente unhas valoracións tan faltas de argumento contra a delegada territorial da Xunta de Galicia na provincia Raquel Arias”.

Na opinión de Balseiro, “Burgo confunde conceptos e competencias e, inmersa nese galimatías interno, métese nunha guerra política absurda”.

Lembra o Secretario xeral dos populares lucenses que o tempo puxo, pon e porá a cada un no seu lugar. “Os socialistas”, segundo suliñou, “parece que aínda non se asentaron suficientemente e non teñen moi claro cal é o papel que lles corresponde xogar nesta nova etapa e, mentres superan ese desconcerto, adícanse a disparar contra todo o que se move pese a que saben xa, de antemán, que van a errar”.

Concepción Burgo e os socialistas lucenses en xeral amósanse, segundo Balseiro, demasiado nerviosos e non só polo resultado das últimas eleccións autonómicas, tamén porque non saíron moi ben parados no recente congreso rexional do seu partido no que perderon prácticamente o 40 por cento da súa representación política con respecto a anterior executiva. Por elo, recomendoulles, con especial énfase a Concepción Burgo, “que se relaxe e apunte algo máis fino”.

Exit mobile version