NOTA DE PRENSA:
O GPPP ACUSA Á DEPUTACIÓN DE DARLLE AS COSTAS SIN NINGÚN PUDOR ÓS SECTORES PRODUCTIVOS DA PROVINCIA
Lugo, a 14 de maio de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular “chámalle a atención, aínda que non lle sorprende” que o Inludes, segundo os datos da propia Deputación de Lugo, tivera comprometido a finais do pasado ano únicamente o 10,5 por cento do gasto en investimento real previsto para o exercicio 2008. É dicir, investira pouco máis de 445.000 euros dos 4,2 millóns de euros que tiña consignados para este capítulo.
Os populares, segúndo explicou o voceiro do grupo provincial José Manuel Barreiro, consideran un “despropósito” que a administración provincial “non aproveite este organismo para apoiar ós sectores productivos cando precisamente ese é o seu principal obxectivo”.
Se xa resulta “reducido de por si”, ó enteder do GPPP, adicar a investimento real o 25 por cento do orzamento total co que contaba o Inludes no pasado exercicio, que supoñía pouco máis de 16 millóns de euros, é “aínda máis pírrico” o gasto realizado. “Os datos, unha vez máis e xa son moitas, deixan claro o nulo compromiso do PSOE e o BNG con esta provincia e o desinterese total por axudar ou contribuir ó seu desenvolvemento económico e industrial”, engade Barreiro.
Como aconteceu cos orzamentos directos da Deputación, tamén no caso do Inludes, contrasta que os capítulos referentes a transferencias correntes, que contaba cunha partida de preto de dous millóns de euros, e de capital, con 566.994,40 euros, teñan un maior nivel de execución, concretamente do 48,43 e do 44,9 por cento, respectivamente.