Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros e a Xunta tratan de desbloquear o urbanismo

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, saíu satisfeito da xuntanza mantida esta tarde coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Otero. Fuente Parga sinalou que “estívenlle a explicar como estaba a situación do noso concello en materia urbanística e o que tentamos e tentaremos é ir achegando posturas, aínda que a nova secretaria precisa un tempo para ir vendo todo isto”.

O rexedor manifestou que “Encarna Rivas Otero xa tiña coñecemento da situación na que se atopa Barreiros, pero o seu departamento ten que estudar todo Isto polo miúdo. Agardamos, eso sí, que o axilicen todo o que poidan”.

Exit mobile version