BARREIROS (FNC) .- O Concello de Barreiros e a Consellería de Medio Rural seguen a realizar xestións para que algunha empresa “lle recolla a leite ós dous produtores do noso municipio ós que Leite Río xa non llelo compra”, segundo explica o alcalde, Alfonso Fuente.
O rexedor asegura que nas últimas horas falaron con responsables das empresas Larsa, Besnier e Leitegal “e algunhas xa foron tallantes e nos dixeron que non poden facer esa recollida e algunha está a estudar poder facelo de xeito provisional. Nós seguimos tentando buscarlles unha solución a estes dous gandeiros, pero de momento a cousa está complicada”.
Fuente Parga insiste en que “seguimos traballando desde o Concello e desde Medio Rural para atopar unha saída a esta problemática”.