Site icon Crónica3.com A Mariña

O complexo cultural RegalXunqueira acolle unha exposición de gravados orixinais de Maruja Mallo

Regal, anfitrión dunha visita escolar ao complexo RegalXunqueia

VIVEIRO .- O complexo cultural RegalXunqueira acolle hasta o 14 de xullo unha exposición de gravados orixinais da creadora viveirense Maruja Mallo que por primeira vez que se expoñen en Viveiro. Trátase de gravados realizados o ano 1979 por Maruja Mallo, editados por José Vázquez Cereijo e estampados por Prova en Madrid, agrupados baixo o título “Homenaxe á Revista de Occidente”.

COMUNICADO DE PRENSA

COMPLEXO CULTURAL
REGALXUNQUEIRA
Curva de Xunqueira-Viveiro.
Camiño Real, 127 – Xunqueira
27850 Viveiro (Lugo)
Tlf. 982 56 25 89 – Fax 982 56 04 06
ceramica@oteroregal.com
www.oteroregal.com
Ten o pracer de invitar a Vde. á inauguración da exposición
POR PRIMEIRA VEZ OBRA DE  MARUJA MALLO EN VIVEIRO

GRABADOS DE MARUJA MALLO
Esta exposición ten como centro os gravados realizados o ano 1979 por MARUJA MALLO, editados por José Vázquez Cereijo e estampados por Prova en Madrid, agrupados baixo o título “Homenaxe á Revista de Occidente”. A edición consta de 200 exemplares numerados. Son litografía en cor, con temas moi representativos da artista. Os gravados son provas de autor e foron cedidas para esta exposición por Vazquez Cereijo que e bo amigo e ademais case paisano pois ten casa en Suegos onde pasa os veráns .

Acto que terá lugar o vindeiro xoves,  28 de Maio ás 20 horas no auditorio e Sala de Exposicións do Complexo Cultural  REGALXUNQUEIRA – VIVEIRO.
Proxectarase un documental encol da  vida e obra de Maruja Mallo e sirvirase un viño e algo de comer.
EXPOSICIÓN D o 28 DE MAIO A O 14 DE XULLO
Adxuntamos introducción do catalogo de Otero Regal

MARUJA MALLO,
E NO SEU POBO, QUE?

Fai cen anos, nove meses e dezanove dias naceu na entón rúa Porlier, hoxe dividida en dous, Avenida de Lourdes e Rúa Villar ponte, ana Maria Manuela Isabel Josefa Mallo Gonzalez, que pasaría á historia da Arte como Maruja Mallo.
Foron só dous anos os que a pintora pasou en Viveiro, o seu pai administrador de Aduanas foi trasladado a Tui, onde pasou a súa nenez e primeira adolescencia, mais tarde, aos 20 anos xunto co seu irmán o escultor cristino Mallo, ingresan na Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid. En 1924 reivindica o seu nacemento en Viveiro para solicitar da Deputación Provincial de Lugo a concesión dunha bolsa, que se lle atorga e renóvase ata 1928, data en que remata os seus estudos académicos.
Algúns coñecidos e mesmo o seu irmán Justo afirmaron que Maruja Mallo volveu a Viveiro en primavera de 1936, aínda que este dato carece de confirmación definitiva.
Pouco despois desa posible visita á cidade que a viu nacer, estala a chamada “Guerra Civil” e Maruja que se encontraba en Tui ,tuvo que escapar cara a Portugal e despois a Arxentina, mais tarde na década dos sesenta regresa a España.
Maruja Mallo foi unha grande polifacética a nivel artístico, a pesar da súa escasa obra, pouco mais de 150 cadros e dous centenares de gravados e debuxos tivo unha vida de éxitos, participa activamente na vida artística, política e intelectual do Madrid dos anos 20 e 30, en 1928 Ortega e Gasset dálle unha lombeirada organizándolle unha exposición na Revista de Occidente, en 1932 a Xunta de ampliación de estudos concédelle unha pensión para estudar en Paris, onde expón e a súa obra é admirada polos surrealistas franceses, realiza escenografías e mascases de teatro e cerámicas, exerce como profesora da Escola de cerámica de Madrid e na Residencia de Estudantes.
Dende a súa residencia en Arxentina viaxa por varios países de América onde celebra exposicións, obra súa encóntrase no museo de Arte Moderna de Nova York e Pompidou de Paris, ademais do Raíña Sofía de Madrid entre outros.
Maruja Mallo recibiu en vida as medallas de Ouro de Belas Artes e a da Cidade de Madrid.
E mentres tanto Que fixo o seu pobo natal? Pois nada ou case nada, algúns escritos na prensa local, e pouco antes de morrer un grupo de “tolos” á sombra do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, colocan unha placa no seu recordo nunha das esquinas da rúa onde naceu, lle envían un ramo de flores á residencia onde vivía e celebran a primeira bienal de pintura na súa honra onde participan artistas plásticos da bisbarra ou con vinculacións con Viveiro. Á inauguración que se celebra no antigo casino da travesía, todo destapado e despintado acoden invitados as dúas persoas que con toda probabilidade saiban mais de Maruja Mallo, Vazquez Cereijo, o seu editor e conselleiro da edición de gravados do seu ultima época e Piar Corredoira, a persoa que a trancas e barrancas organizo a antoloxía da pintora no CEAC de Santiago, ambos os dous disertan sobre Maruja, que por certo fixo presenza no acto, non en van Ramon Gomez de la Serna bautizouna como “A brujita nova” en medio da inauguración unha das obras expostas, un panel de cerámica, cae estrepitosamente. Piar Corredoira berra “Foi Maruja, Foi Maruja”, todo isto sen subvencións nin zarandaxas. Por outra parte o Doutor e escritor vivariense Fausto Galdo publica un libro sobre os pintores e pintura na nosa cidade dedicándolle unha biografía a Maruja. O seguinte ano repítese a bienal, esta vez, nun espazo privado en “A Porta dá Vila” xa que o Concello nega os locais e o aburrimento e a desidia fan o resto.
E a nivel oficial Que se fixo? Pois unha misa, se como o len, unha misa é o que fixo o concello de Viveiro por Maruja Mallo, Pontevedra, Noia, Arosa e outros pobos cidades de Galicia teñen rúas, prazas  e centros educativos adedicados á pintora, aquí, unha misa, a unha muller xenial e divertida, atea confesa e gran disfrutadota da vida e da liberdade. Unha misa dedicada a alguén que vivía a súa vida como unha rebelión permanente contra as convencións artísticas e sociais do mundo.
Despois a Deputación Provincial realizou un acto no teatro Pastor Diaz con coros e danzas que paso con mais pena que gloria e agora a Xunta desembarga todo un vagón de personaxes ben pagados para render honra e gloria Maruja Mallo.
OTERO REGAL  Este articulo publicouse o 26 de Outubro do  2002

Exit mobile version