XOVE (M.F.O.) .- O Centro Óptico Xove non puido gañar ante o Compañía de María de Santiago, equipo xa descendido dende fai varias xornadas. Os xovenses so puideron afrontar o partido con sete xogadores factor determinante no final do partido. A nota positiva para os mariñáns foi a reaparición de Álvaro e Fernando que se recuperan de sendas lesións.
O partido foi no inicio para o C. B. Xove que con un bo acerto no tiro exterior púxose por diante no marcador. Chegaría ao último cuarto con unha renta de sete puntos que non puido administrar ao quedar con so catro xogadores en pista a falta de cinco minutos para o final. Os santiagueses souberon aproveitar esta circunstancia para levarse o partido.
A pesar da derrota o Centro Óptico Xove loitara na última xornada de liga en Betanzos pola oitava praza.
Polo Xove xogaron: Javi (7), Angel (19), Fernando (7), Paco (10), Juanma (8)- Miguel (6) e Álvaro