Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG organizará actos para as Europeas en todos os concellos da Mariña

NOTA DE PRENSA
Nestas eleizóns xogamos que Galiza teña voz en Europa.

O BNG organizará actos para as Europeas

na totalidade dos Concellos da Mariña

O Bloque Nacionalista Galego vai desenvolver unha intensa campaña na Mariña a fin de achegar a sua proposta programática ao conxunto dos veciños e das veciñas da Mariña. Neste sentido imos organizar actos públicos no conxunto dos Concellos da Mariña asi como encontros sectoriais a fin de achegar as nosas alternativas. O que nos xogamos nestas eleizóns e que Galiza este presente no Parlamento Europeu ou que Galiza fique outravolta sen voz.

As eleccións ao Parlamento Europeo de xuño de 2009 celébranse nun contexto

de profunda crise económica, tanto do sector financeiro como dos sectores

produtivos e do emprego. A fonda crise esta afectando gravemente a

traballadores e traballadoras, a grandes capas de autónomos e pequeno e

mediano empresariado, limitando as expectativas das xeracións máis novas. A

necesidade dunha Europa comprometida coa superación da situación actual a

través de reformas estruturais no actual sistema económico e social é a clave

de bóveda. O BNG como forza comprometida co pobo galego considera

prioritario a presenza de Galiza alí onde se van tomar decisións fundamentais

para o futuro do noso país.

Mesmo sabendo que o Parlamento Europeo ten competencias limitadas en

moitas materias, o certo é que estas foron aumentando e, cada vez máis, as

decisións do Parlamento Europeo son decisivas na orientación das políticas

relativas aos grandes temas que afectan a toda a Unión Europea e pode

condicionar a política da Comisión Europea e a dos Estados membros.

A representación de Galiza con voz propia en institucións de calquera ámbito é

irrenunciábel para o nacionalismo galego e beneficiosa para o conxunto da

sociedade galega. É a única garantía da existencia política de Galiza en

Europa como pobo diferenciado.

A condición do BNG como forza política propia de Galiza, como expresión

política da súa condición nacional, converte en obriga dotar ao noso país de

representación nas institucións europeas. Así, apostamos por concorrer neste

proceso electoral en coalición con outras forzas políticas coas que o noso

proxecto partilla, sen mimetismos, algúns principios e valores comúns;

entendendo tamén que a coalición electoral non esgota as fórmulas de relación

política e de colaboración institucional do BNG con outras forzas nos ámbitos

estatal, europeo e mundial.

Exit mobile version