Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG defenderá que Europa remate co dumping na pesca

NOTA DE PRENSA
“Galiza precisa voz na reforma da PPC”, afirma Pombo

O BNG defenderá que Europa remate co dumping no sector pesqueiro

O candidato do Bloque Nacionalista Galego ao Parlamento Europeo, Cosme Pombo, mantivo un contacto co sector pesqueiro en Porto de Celeiro a fin de coñecer de primeira mao a situación do sector así como achegar as alternativas que os nacionalistas vamos defender en Europa na próxima lexislatura.

Neste sentido Cosme Pombo fixo fincapé no novo cenario que se abre coa reforma da Política Pesqueira Común no que é central a presencia dunha voz galega en Europa para que non aconteza o que aconteceu coa que aprobou fai 23 anos. Na boca dos nacionalistas xa está a vista a consecuencias das mesmas que significou que se coutase as súas posibilidades de desenvolvemento e xeración de riqueza, e que provocou que Galiza fose o territorio europeo que perdeu máis flota e postos de traballo no mar nese período.

Os nacionalistas na perspectiva da reforma da Política Pesqueira Común reclamarán o establecemento dun novo status institucional para Galiza na UE en materia pesqueira, recoñecendo formalmente o seu carácter como “Zona Altamente Dependente da Pesca”,e posibilitando a súa presencia, con dereito de decisión e obxección, nas institucións comunitarias onde se adoptan decisións en materia pesqueira. Asemade desde o BNG esixirase a derrogación do “Principio de Estabilidade Relativa”, que consagra a discriminación da nosa frota en augas comunitarias, nomeadamente no Gran Sol, e a erradicación dos privilexios que benefician a determinados Estados.

Na mesma liña desde o BNG defenderase un escrupuloso control das importacións, especialmente ante as prácticas de “dumping” e competencia desleal cos productos pesqueiros e marisqueiros galegos, co obxectivo de acadar a estabilidade de prezos. Os nacionalistas pensamos que nunha situación crítica para o sector, afectada pola crise económica xeral, consideramos que é necesario que se establezan a través do Banco Europeo de Inversións iniciativas que xeren liquidez nas empresas. Asemade defenderase a mellora e dignificación das condicións sociolaborais e retributivas dos mariñeiros e traballadores/as do mar, con especial atención ás tripulacións galegas embarcadas en buques pertencentes a sociedades mixtas.

Xa por último os representantes nacionalistas presencia do BNG no Parlamento Europeo debe ser o garante de que a nova Política Pesqueira Común serva para rematar con esa historia de marxinación, e de defensa dos principios básicos para a viabilidade deste sector productivo.

Exit mobile version