Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz demanda do novo goberno que a Galescola abra o próximo curso

Nota de Prensa

O BNG DEMANDA DO NOVO GOBERNO QUE A GALESCOLA DE FOZ ABRA O PRÓXIMO CURSO COMO ESTABA PROGRAMADO

O BNG de Foz, a través dunha moción de urxencia, vai a demandar do actual goberno da Xunta de Galiza que poña en marcha a Galescola de Foz para o próximo curso. Para o BNG a súa posta en funcionamento non ten porque demorarse máis desa data. O anterior goberno da Xunta, a través do convenio asinado entre Vicepresidencia e o Concello de Foz, xa tiña o compromiso firme e iniciado os trámites para abrir o centro para o curso 2009-2010. Só quedaba amoblar o centro e seleccionar e contratar ao persoal,

Para o BNG, o cambio de goberno non pode significar que a posta en marcha deste servizo público se atrase e desde o noso grupo imos a esixir que se axilicen os trámites oportunos para cumprir co compromiso que se tiña adquirido co pobo de Foz: “Foz non pode quedarse sen galescola”.

Esperamos que o goberno do PP non bote polo chan aquelo que xa estaba rubricado polo anterior goberno, sobre todo cando falamos dun servizo público tan importante e demandado polos veciños de Foz como é unha escola infantil que supón unha mellora na calidade do ensino para os nenos e nenas de 0 a 3 anos, unha posibilidade de conciliar a vida laboral e familiar para moitas nais e pais e tamén a creación de postos de traballo nos que moitas persoas teñen postas as súas esperanzas.

Desde o BNG non imos permitir que esto suceda e esixiremos que a Xunta cumpra cos seus compromisos co pobo de Foz no que respecta á creación da escola infantil que estaba programada e que ía iniciar a súa actividade no próximo mes de setembro.

Exit mobile version