Site icon Crónica3.com A Mariña

Insiste o BNG de Cervo en que o goberno do concello converteu a festa dos xubilados nun acto partidista

NOTA DE PRENSA:

O BNG INSISTE EN QUE A PRESENZA DE JOSE MANUEL BARREIRO NA FESTA DOS XUBILADOS DE CERVO CONVERTEU A CITA INSTITUCIONAL NUN ACTO PARTIDISTA

Demanda do PP a mesma contundencia nas reclamacións coa Xunta de Fejoo que a amosada co bipartito

Cervo, 7 da maio de 2009. Os nacionalistas cervenses insisten en que a presenza do secretario provincial do PP no xantar na honra dos xubilados cervenses do pasado día 1, non debería ter sucedido, xa que este señor so representa ao PP e non a ningunha administración publica, o mesmo que sucede con algún outro dirixente popular que tamén aproveitou para facer acto de presenza convertendo este acto institucional nun desfile partidista para amañar os seus “asuntiños” faltando ao respecto aos xubilados e xubiladas no seu día de homenaxe.

O PP NON APRENDEU NADA DOS ERRORES DO PASADO

Semella que o Partido Popular non aprendeu nada durante o seu paso pola oposición da Xunta de Galiza e segue querendo converter os actos institucionais en actos partidistas, como sucedeu o día 1 en Cervo. Non pode ser que se aproveite o acto institucional de homenaxe a xubilados cervenses para facer un desfile de persoeiros e dirixentes do PP que sen representar a ningunha administración aproveitaron a ocasión para amañar os seus “asuntiños”.

OS TRES APLAUSOS QUE SE PEDIRON PARA A CONSELLEIRA SERÁN MERECIDOS CANDO LICITE ALGUNHA ACTUACIÓN RELEVANTE PARA OS VECIÑOS

Os efusivos aplausos pedidos por oradores do acto para a conselleira contrastan coa inexistencia de reclamacións dos representantes do goberno local e a falla de compromisos da propia conselleira para por en marcha infraestruturas e servizos que atendan as necesidades dos xubilados asistentes ao acto. Cabe lembrar que o goberno local argumentaba a súa negativa a integrarse no Consorcio de Igualdade e Benestar posto en marcha pola anterior vicepresidencia da Xunta, “na reclamación para a posta en marcha en Cervo dunha residencia para a terceira idade de 80 prazas e centros de día en cada parroquia”, algo que o PP agora non quere lembrar nin ten a coherencia de reclamar.

SI O PP CUMPRE COA METADE DO QUE RECLAMABA ANTES, DÁMONOS POR SATISFEITOS

Para o BNG a actuación do grupo de goberno de Cervo durante o goberno do bipartito foi un continuo boicot sobre actuacións que o anterior goberno galego quixo poñer en marcha en Cervo, ai esta a negativa a entrar no Consorcio de Benestar, a negativa a por en funcionamento un local de ensaio ou as continuas trabas postas a consellaría de vivenda na entrega das vivendas sociais da Lobeira, por poñer algúns exemplos. A estratexia tocou ao seu fin co cambio de goberno na Xunta e agora toca aplaudir aínda sen motivos reais para facelo. Ao goberno local hai que pedirlle mais traballo e compromiso cos veciños e menos aplausos gratuítos. Agora que teñen un goberno na Xunta da mesma cor política, damos por feito que as reclamacións que antes facían manteranas si eran serias, ao BNG con que cumpran cos veciños pondo en marcha a metade dos equipamentos sociais que antes reclamaban, dámonos por satisfeitos.

Exit mobile version