Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de A Mariña apoia a concentración na defensa do sector lácteo

NOTA DE PRENSA

O BNG DA MARIÑA APOIA A CONCENTRACIÓN NA DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO

Militantes do BNG, acudirán á mobilización de mañá en  Ribadeo apoiando coa súa presenza as reivindicacións do séctor lácteo da comarca

A Mariña , 07 de maio de 2009.  O Consello comarcal do BNG da Mariña , apoirá mañá a defensa do sector lácteo galego na mobilización que terá lugar en  Ribadeo ás 12 horas da mañá. Deste xeito, a organización nacionalista quere mostrar o seu apoio ao conxunto do sector do leite, que está chamado a saír en mobilización e concentrarse mañá 8 de maio nas 14 principais comarcas leiteiras galegas. Todos os sindicatos confirmaron a súa participación nestas concentracións, que se prevén multitudinarias, xa que está convocado ás mesmas tanto o empresariado como o comercio das comarcas nas que se celebran manifestacións.

Desde o BNG de A Mariña manifestouse que a súa presenza nestas mobilizacións responden á pretensión de defender un sector lácteo que afronta a peor crise da súa historia, reclamando ao mesmo tempo da Xunta de Galiza que tome as medidas necesarias para paliar unha situación insostíbel e que se produzan cambios estruturais, como sempre defendeu o BNG, que permitan garantir no futuro un prezo mínimo do leite que cubra os custes de produción.

Calcúlase que ao redor de 100.000 empregos están directa ou indirectamente relacionados coa produción gandeira na Galiza, subsitindo aínda 13.000 explotacións lácteas que teñen o seu futuro comprometido se nun prazo curto de tempo as administracións non toman cartas no asunto, polo que o BNG da comarca dá Mariña  chama a que todo o mundo participe das mobilizacións de mañá a favor do sector lácteo para defender a gandeiría galega dun ataque sen precedentes que compromete a viabilidade económica da metade dos concellos galegos, que viven directamente do sector lácteo.

Exit mobile version