RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convoca para o luns 1 de xuño ás 20:00 horas unha xuntanza á que convida a todos os veciños que queiran colaborar na organización das festas patronais deste ano.
O encontro terá por escenario o salón de pleno da Casa do Concello de Ribadeo.
O voceiro da comisión de festas do 2008, Alberto Moledo, sinala que “tivemos hai uns días un encontro co rexedor de Ribadeo para ir planificando as festas deste ano e presentámoslle as contas da pasada edición e temos que estar moi satisfeitos polas aportacións económicas de diferentes sectores do Concello de Ribadeo porque rematamos con balance positivo”.
Moledo engade que “quedamos en ter un novo encontro este luns para planificar as patronais deste 2009 e un pouco é para invitar a aqueles persoas que queiran participar na organización. Temos coñecemento de que hai xente interesada en encargarse destes traballos e convidámolos a que acudan a esta xuntanza do luns co alcalde. E nós estamos dispostos a deixar o testigo ás persoas interesadas de organizar as festas ofrecéndolles a nosa colaboración porque en definitiva quen gaña con todo isto é o pobo de Ribadeo”.