BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, viaxa esta tarde a Santiago de Compostela para manter un encontro coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Otero. Segundo explica o rexedor “trátase de iniciar conversas sobre a situación urbanística do noso concello, despois do caos no que nos deixou o bipartito”.
A xuntanza está prevista para as 18:00 horas.