Os denominados Domingos a pé comezaron o pasado mes de abril cunha ruta por Santa Eulalia de Oscos na que participaron máis dunha ducia de mulleres de Ribadeo. Luisa González, responsable do CIM, asegura que “esta actividade configúrase coma unha alternativa de ocio dirixida especificamente ás mulleres, para posibilitar un tempo propio, un tempo de descanso e de ocio nas tardes dos domingos e por outra banda aproveitar ese tempo para difundir e promover entre as mulleres o coñecemento da natureza e do patrimonio cultural e arquitectónico. Coñecer o patrimonio natural e cultural do entorno é fundamental para poder valorizar o noso, é dicir o patrimonio da comarca, do noso entorno, onde desenvolvemos as nosas vidas”.
Estas rutas fanse en colaboración coa Asociación de sendeirismo Pena Tallada e coa Agrupación cultural Paco Lanza.