Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 60 familias de Burela inscribíronse no Plan de Aforro de Auga

BURELA (FNC) .- O Concello de Burela ampliou de novo e por segunda vez a toda esta semana a campaña para inscribirse no programa Ti podes dar vida, aforra auga. Este venres 15 de maio para facilitar e informar sobre a campaña volta a instalarse unha mesa informativa que estará situada na rúa Pardo Bazán, á altura da Casa da Cultura. Alí estará a técnico de Medio Ambiente entre as 10:30 e as 13:30 horas para informar aos interesados sobre dita campaña e sobre outros asuntos que teñan que ver co medio ambiente.

Os que se inscriban no programa Ti podes dar vida, aforra auga recibirán nese mesmo momento os perlizadores para colocar nas billas e nas duchas das súas casas e así conseguir aforrar auga nos seus fogares. Ata o momento, e segundo os datos facilitados esta mañá pola concelleira, Lucía Bouza, hai xa máis de 60 familias apuntadas para participar nesta campaña.

Exit mobile version