Site icon Crónica3.com A Mariña

Interesase o PP no pleno da Deputación polo polígono industrial de Ourol

Nota de Prensa

O GPPP PREGUNTARÁ NO PLENO DE MAÑÁ POLAS PISCINAS DE BEGONTE E O POLÍGONO INDUSTRIAL DE OUROL

Lugo, a 25 de maio de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular preguntará mañá no pleno da Deputación sobre as previsións que baralla o goberno provincial sobre o inicio das obras de construcción das piscinas e a área recreativa de Begonte, así como para a mellora do parque empresarial de Ourol.

Os populares, no que atinxe ó concello de Begonte, ademais da data de inicio das obras para a construcción das piscinas e a área recreativa, queren saber con que terreos conta a administración provincial para ubicar estas instalacións e se será a propia Deputación a que asumirá o custo da compra dos mesmos.

As previsións de investimento de Suplusa para a dotación de servicios, acondicionamento de acceso e explanación de fincas no polígono industrial de Ourol e a temporalización, se é que está prevista a execución dalgunha actuación, na que se realizarán estas obras centran a outra pregunta que levarán ó pleno de mañá os populares

Exit mobile version