Site icon Crónica3.com A Mariña

II Xornadas de abordaxe integral da violencia de xénero en Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- Ribadeo acolle desde mañá as II xornadas de abordaxe integral da violencia de xénero desde o ámbito local que organizan a Concellaría da Muller e o CIM. Serán no IES Gamallo Fierros. A inauguración será mañá ás catro da tarde e a clausura o sábado ás sete.

A edil de Muller, Mariluz Álvarez Lastra, asegura que “se trata dunha cita na que se abordarán aspectos da violencia de xénero a nivel xurídico, sanitario, xudicial e educativo. O prazo de matrícula aínda está aberto ata mañá pola mañá e ademais todas aquelas persoas que queiran asistir de maneira aberta e libre, poden facerse co programa e acudir a aquelas charlas que lles poidan aportar algo para a súa formación profesional, persoal ou simplemente con carácter informativo”.

Nos relatorios abordaranse cuestións coma as pautas de prevención da violencia de xénero; as boas prácticas e experiencias no ámbito local, na que se presentará un vídeo didáctico para previr a violencia de xénero que foi elaborado polo Concello de Teo; tamén se presentará o protocolo interno elaborado polo centro de saúde de Ribadeo e o blog do IES Juan José Calvo Miguel de Sotondrio en Asturias; ademáis o equipo de vixilancia e apoio policial do Concello de Vigo falará da súa experiencia.

Exit mobile version