PROGRAMA:
-19:30 horas.- RECEPCIÓN do Equipo e Directiva no Salón de Plenos do Concello.
-20:00 horas.- SAÚDA Á AFICIÓN dende o balcón do Concello.
A estes actos espérase que acuda moita xente, e non só os socios/as do Xove-Lago. Dende o Concello e a U.D. Xove-Lago invítase a socios e non socios a participar nestes actos e celebrar todos xuntos o ascenso do equipo.
-Rematados os actos na Casa do Concello, ás 22:00 horas (10 da noite), terá lugar unha CENA BAILE na Carpa Multiusos, que vai ser amenizada pola Orquestra “Emperadores”.
A asistencia á Cena-Baile ten un custo de 25 €uros/persoa. Os Tickets para asistir á mesma, pódense adquirir en:
-Bares e Cafetería de Xove.
-Onde a Directiva do Xove-Lago.