Site icon Crónica3.com A Mariña

Felicítase o PP pola chegada dunha nova embarcación de vixilancia aduaneira a Ribadeo

Nota de Prensa

O Goberno de Zapatero rectifica a situación actual, coa lancha que debería operar na nosa comarca amarrada no porto de Ribadeo e avariada durante meses, e dá a razón aos populares que alertaban ante a vulnerabilidade da nosa costa fronte ao narcotráfico e outras actividades ilegais

OS POPULARES FELICÍTANSE PORQUE AS SÚAS DENUNCIAS TIVERAN ÉXITO E VIXILANCIA ADUANEIRA DESPRAZARA UNHA NOVA EMBARCACIÓN Á MARIÑA LUCENSE

•    En todo caso o PP manterá as iniciativas rexistradas no Parlamento Galego, nas Cortes Xerais e nos distintos concellos porque entende que a solución non pasa por “parches provisionais, senón polo reforzo definitivo deste servizo”

•    Segundo Vixilancia Aduaneira os traballos de reparación da embarcación que operaba na Mariña poderían prolongarse durante tres meses, un tempo excesivo segundo os populares que lembran que nese período é posible incluso construír unha embarcación nova e sen avarías nun estaleiro.

A Mariña, 28 de maio de 2009.- Os populares da Mariña lucense felicítanse despois de que as súas denuncias públicas tiveran éxito, e por fin, o Goberno de Zapatero decidiu o traslado dunha nova embarcación de Vixilancia Aduaneira para substituír á que ten a súa base de operacións na nosa comarca e que permanece desde fai varios meses avariada e amarrada no porto de Ribadeo. O PP comarcal desenvolveu nas pasadas datas unha ofensiva que incluía a presentación de diferentes iniciativas no Parlamento de Galicia, nas Cortes Xerais e nos distintos concellos, poñendo de relevo a vulnerabilidade da nosa costa fronte ao narcotráfico e outras actividades ilegais. Todo iso como consecuencia da falta de operatividade dos medios de titularidade pública dispostos polo Goberno central para a vixilancia e control do noso litoral.

En todo caso, o PP adianta que manterá as iniciativas descritas porque entenden que a solución non pasa por “parches provisionais” senón por un compromiso real para o reforzo destes servizos de vixilancia e control. Máis en concreto, lembran que é necesario reforzar o cadro de persoal e os medios técnicos de Aduanas (Vixilancia Aduaneira) con zona de operacións en todo o litoral comarcal.

Pero a rectificación do Goberno central, consecuencia das denuncias públicas dos populares non chega a ser totalmente satisfactoria xa que, segundo adiantan desde a propia administración, os traballos de reparación da lancha avariada poden prolongarse por máis de tres meses, aos que temos que engadir os xa leva amarrada. Falamos dun período “excesivo” a xuízo do PP se temos en conta que construír unha embarcación destas mesmas características, nova e sen avarías, pode facerse nese mesmo tempo.

Exit mobile version