Site icon Crónica3.com A Mariña

Excursión do Club Ciclista de Burela á Costa da Morte

O Club Ciclista de Burela organiza unha excursión os días 30 e 31 de maio que terá como destinoa Costa da Morte. Será unha actividade de convivencia dos ciclistas e as familias, para facer turismo e gozar da gastronomía. Haberá dúas etapas: unha dende Corcubión pasando por Ézaro, Carnota, Lira, Louro, Muros e regreso a Ézaro polo interior; outra saíndo de Muxía e rematando na localidade de Laxe .

Exit mobile version