NOTA DE PRENSA
OBRADOIRO DE SUPERVIVENCIA DOMÉSTICA PARA ADOLESCENTES
O Departamento Municipal de Igualdade do Concello de Xove organizou, en colaboración co IES “Illa de Sarón”, un obradoiro de supervivencia doméstica para o alumnado. Esta actividade foi concedida polo Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia.
A Actividade tivo lugar hoxe venres, día 15 de maio, en horario de 16:00 a 22:00 horas no IES “Illa de Sarón”.
Este obradoiro constou de dúas partes:
a) Parte teórica, un debate activo sobre costumes sociais con respecto ás tarefas domésticas.
b) Parte práctica, onde as rapazas e rapaces elaboraron un menú de tres pratos.
A aportación do Concello de Xove a este Obradoiro, amáis do propio traballo organizativo, concretouse en: dotación dunha cociña e material complementario básico da mesma e de lavado, delantais e material para o lixo.