Nota de Prensa
O BNG DE FOZ COMEZA A CAMPAÑA DAS ELEICIÓNS EUROPEAS
O BNG de Foz comeza este fin de semana o programa de mitins nas parroquias. O BNG fará mitins en todas as parroquias do Concello que rematarán o próximo día 4 en Foz.
Para este fin de semana os mitins que se realizarán son en Santa Cilla e Nois. O sábado, día 23, será no Centro Cívico de Santa Cilla a partir das 19:00 horas e o domingo, día 24, ás 18:30, en Nois no Centro Cívico “As Airas”.
Para o BNG estamos ante unha campaña moi importante para Galiza e o obxectivo do BNG é que Galiza volva a ter voz propia en Bruxelas.
O BNG é a garantía de que Galiza estea presente nas institucións e que se defendan os nosos intereses porque durante estes últimos cinco anos, os eurodeputados do PP e do PSOE non abriron a boca para falar de Galiza porque o que defenden aquí votano en contra en Bruxelas. O BNG é o único que defende o mesmo aquí que en Bruxelas.
Os dous argumentos claves do BNG son:
1.O BNG vai a Bruxelas para que Europa recoñeza todos os dereitos de
Galiza como nación, a comezar polo dereito a desenvolver a nosa economía
produtiva.
Esta Europa non nos vale porque é a Europa que nos prohíbe construír
barcos, que limita o acceso da nosa frota aos caladoiros comunitarios, que
discrimina o noso sector lácteo e o aboca a competir en inferioridade de
condicións.
2. O BNG vai a Bruxelas para defender un modelo económico e social
alternativo ao deseño neoliberal causante da grave recesión económica que
atravesamos e que ten levado a que se abrisen paso directivas contrarias aos intereses dos traballadores e mesmo que se abrise o debate sobre o prolongamento da xornada laboral até as 65 horas.
O BNG defenderá en Bruxelas que a economía se volva a poñer ao servizo das persoas e non ao revés, para que a economía da especulación dea paso á economía produtiva e para defender os dereitos das clases traballadoras.