Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela organizan un intercambio de xoguetes para conmemorar o “Día mundial do medio ambiente”

BURELA (FNC) .- A Delegación de Educación e Medio Ambiente de Burela organiza actividades para conmemorar o 5 de xuño o día mundial do medio ambiente. Segundo explica a edil, Lucía Bouza, “haberá unha campaña de intercambio de xoguetes, unha iniciativa que consiste nun intercambio de xoguetes usados que os nenos poderán realizar o próximo día 4 de xuño. As  responsables do Centro de Educación Gaia pretenden con ésta campaña   ilusionar aos nenos a través do  intercambio de xoguetes para que poidan ser reutilizados”.

Os que desexen participar nesta iniciativa deben entregar os xoguetes a partires do 26 de maio (mañá martes) e ata o 29 do mesmo mes (venres). A entrega efectuarase en horario de 10:00 -13:00 e de 18:00-20:00 horas na casa da Cultura. Lucía Bouza aclara que “no obstante será o día 4 de xuño cando se procederá a realizar o intercambio en  horario de 17:00 a 19:00 horas na Praza do Concello. A actividade está dirixida a nenos de entre 0-12 años e os menores de 6 anos deberán ir acompañados dos seus pais”.

Para conmemorar o día mundial do medio ambiente, as Delegacións que dirixe Lucía Bouza, organizan un xogo denominado pegadas-verdes. “Trátase dun xogo ao aire libre realizado en  lona de 3X3  no que os participantes serán as súas propias fichas.  Colocaranse enrima do taboleiro  de lona estirado no chan e irán avanzando segundo o dado indique. O xogo ten 40 casillas, nas que se pode avanzar, retroceder e incluso contestar a unha pregunta. Os participantes recibirán un agasallo pola súa participación e  serán invitados a unha merenda”.

Exit mobile version