BARREIROS (FNC) .- As praias de Barreiros contan de novo con oito bandeiras azuis. Son: Altar, San Bartolo, Acantilado-Remior, Coto, Lógara, As Pasadas, Arealonga e Fontela-Balea. O alcalde agradece “o traballo de todas as persoas e de todos os veciños que fan posible que esto sexa así, coidando os verquidos ós ríos e sendo moi conscientes de que hai que protexer a nosa costa e as nosas praias e mantelas limpas. E ás veces todo o traballo que se fai desde as administracións non sería suficiente senón contáramos co apoio dos veciños e dos visitantes que teñen que ir concienciándose de usar as papeleiras, os servizos e de atender as indicacións dos socorristas”.
Alfonso Fuente considera que “detrás destas bandeiras azuis hai o traballo de moitas persoas e un esforzo económico importante por parte do Concello. De feito a vindeira semana comenzará un grupo de xente a traballar na limpeza e no mantemento das praias e tamén xa se está preparando toda a contratación dos socorristas. Estamos un pouco á espera das axudas que imos recibir a través do plan de cooperación local, dado que estes últimos anos nos estaban restrinxindo bastante as axudas para a contratación do persoal e tíñamos que ser un pouco pesimistas en canto ó número de persoas que se poderían contratar, casi nos obligaba esta recesión económica que se está a sufrir a ter que contratar menos persoal”. O rexedor barreirense agarda que “coa axuda de todos e co recoñecemento destes oito galardóns que poidamos contar coas axudas suficientes para contratar ó mesmo número de persoas que tiñamos todos os anos e así manter unha vixianza e unha limpeza nas praias para que todo o mundo poida seguir disfrutando delas”.
Conflicto lácteo
Por outra banda, Alfonso Fuente sinalou que “hoxe é tamén unha boa noticia para Barreiros que xa se solucionara o problema destes dous productores ós que lles van recoller a leite desde hoxe. A gandeiría e o turismo son as dúas actividades principais que existen no noso concello e onte recibíamos a dúas noticias con satisfacción, por un lado ás nove da noite me confirmaban que Celta lles ía recoller o leite a estes dous veciños e a primeira hora da tarde me informaban das oito bandeiras azuis que lucirán os areais de Barreiros”.