Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas bandeiras azuis para praias e unha para o Ecomuseo satisfán ao alcalde de Cervo

CERVO .- A concesión de dúas bandeiras azuis para praias de O Torno e de A Caosa, en San Cibrao, e unh para o Ecomuseo Terras Azul Cobalto,en Cervo, satisfacen ao alcalde Alfonso Villares que recorda que ““sempre se traballou apostando polo aspecto turístico e económico do concello”.

NOTA DE PRENSA

“É evidente o interese turístico deste concello, tal como reflicte a concesión deste distintivo ao Ecomuseo Terras Azul Cobalto de Cervo e aos areais de O Torno e á Caosa en San Ciprián”.

SATISFACCIÓN EN CERVO TRAS A CONCESIÓN DE TRES BANDEIRAS AZUIS POR PARTE DA ASOCIACIÓN EUROPEA DE CONSUMIDORES

Cervo, 28 de maio de 2009.- O Alcalde, Alfonso Villares, vén de amosar a súa satisfacción tras a concesión, por parte da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), de tres bandeiras azuis ao Concello de Cervo: unha para o Ecomuseo Terras Azul Cobalto e dúas máis para os areais de O Torno e de A Caosa en San Ciprián. Desde o Goberno municipal “sempre se traballou apostando polo aspecto turístico e económico do concello e esta distinción é unha gratificación e un recoñecemento ao traballo ben feito”.

EXCELENCIA TURÍSTICA E MEDIOAMBIENTAL

Desde o Executivo municipal recordaron que as bandeiras azuis “son un distintivo que premia aquelas praias que cumpren con rigorosos requisitos de calidade nas augas, nos servizos e na seguridade da súa zona e área de baño”, así como tamén “a realización de actividades de calidade e xestión ambiental”. A finalidade última dos galardóns concedidos ás praias do Torno e, desta vez tamén á Caosa “resulta ser unha aposta clara polo desenvolvemento sostible do turismo e do conxunto do litoral”.

CON MEDIOS MUNICIPAIS

“Aínda que as praias deste concello se viron afectadas polo temporal Klaus, a día de hoxe están sendo acondicionadas e contamos que tanto os veciños, como a xente que nos visita, poidan gozar delas a principios de verán” –explicou o Alcalde. O acondicionamento dos areais de todo o municipio (tanto os distinguidas coa bandeira Azul como a de Rueta, Cubelas, etcétera) estase a realizar por brigadas municipais e con medios propios, xa que a pesar de que se solicitou a colaboración da Deputación con medios técnicos, de momento non se pronunciaron. De todos os xeitos, “o ano pasado nin sequera contestaron, así que este ano xa non esperamos axuda deles. A pesar deso, contamos ter os areais en perfectas condicións para principios de verán”.

DISTINCIÓN AO ECOMUSEO

O Ecomuseo de Cervo Terras Azul Cobalto tamén recibiu a distinción temática cunha bandeira azul. Desde o goberno municipal poranse en contacto co novo goberno da Xunta para darlle un novo impulso a este proxecto, recuperando certos aspectos das cinco áreas temáticas que o compoñen: mundo do mar, mundo da industria, legado da Historia, Río Xunco e Patrimonio Relixioso.

Este recoñecemento “sirve de impulso á importante labor desenvolvida  polo Goberno municipal para a consolidación e posta en valor do patrimonio cultural e paisaxístico do noso concello”, e seguirán traballando no mesmo sentido para realzar o turismo e o patrimonio no Concello de Cervo

Exit mobile version